O XIV “Pinchorriño” contará coa participación de 35 establecementos de hostalaría

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os venres e sábados do mes de novembro O Porriño poderán degustarse os diferentes pinchos que se servirán entre as 19.00 e 23.00 h

 

 

O Concello de O Porriño e a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño -ACIPOR- ultimaron os detalles organizativos da vindeira edición do “Pinchorriño”, no que colabora a asociación de hostaleiros “AHOSPOR”, que comezará o 1 de novembro e rematará o 30 dese mesmo mes.

Este evento gastronómico, que xa compre a súa decimocuarta edición "organízase para promoción da hostalaría local e contribuir a desestacionalización do turismo, pois agardamos que siga a ser un reclamo para visitantes do resto da área metropolitana”, manifestou o concelleiro de Comercio, Sergio Casal.

Como é habitual a oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as 19.00 h e as 23.00 h, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 €. 

Os clientes que participen recibirán unha papeleta, na que cada catro consumicións seladas nos establecementos participantes, poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá 4 cheques compra no comercio local -por importe de 100 € cada un- e como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino” valorada en 150 €”, informou a xerente de ACIPOR, Noelia Conde.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete