Mos pechará o 2019 con 5 millóns de euros de débeda bancaria

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A finais de 2018 a débeda ascendía a 6.771.743,99 € e en decembro deste ano alcanzará os 5.387.030,37 €

A débeda media por habitante redúcese en 88,23 €, pasando de 444 € a finais de 2018, a 355,77 € ao remate de 2019

 

 

Con motivo da vindeira aprobación en Pleno da Corporación Municipal da Conta Xeral de 2018, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Contratación e Transparencia, Alberto Méndez, informaron da reducción da débeda bancaria municipal, que alcanzará este ano o 1.384.713,62 €, pasando de 6.771.743,99 € a data 31 de decembro de 2018, a 5.387.030,37 € a finais deste mesmo ano. Este dato ven aportado por un Informe de Tesourería que o certifica.

Esta reducción de débeda foi posible, segundo explicaron os representantes municipais, Arévalo e Méndez, “grazas a unha xestión responsable e eficiente da Facenda municipal baseada na amortización inmediata, en non recurrir a ningunha operación de préstamo bancario, en optar por recorrer a fondos propios para a acometida de proxectos e obras e, sobre todo, en facer unha moi boa xestión de solicitude de subvencións a outras administracións, para aliviar a carga de gastos municipais e evitar ter que solicitar créditos bancarios”.

E é que, durante o presente ano 2019, o importe das subvencións solicitadas e concedidas ao Concello de Mos aproxímaseaos 3 millóns de euros. Ascende exactamente a 2.749.604,47 € que serven para financiar maiores gastos dos inicialmente presupostados. O 59,59% desas subvencións financia gastos de inversión.

Ademais, Nidia Arévalo e Alberto Méndez, informaron de que “dende o equipo de goberno xa estamos traballando na elaboración do orzamento municipal para o vindeiro ano 2020 con esta mesma tendencia baseada en tres liñas fundamentais: xestión para a obtención de subvencións das administracións supramunicipais, austeridade dende o punto de vista do gasto e consolidación da tendencia de reducción da débeda bancaria,sen contemplar nin incluír a solicitude de ningún préstamo”.

Por último a rexedora local e o edil de Facenda anunciaron a boa nova de que, xunto coa débeda bancaria, redúcese tamén por conseguinte a débeda per cápita por habitante, que pasa de 444 € a finais do ano 2018, a 355,77 € ao remate do presente 2019 (88,23 € menos por persoa).