APETAMCOR logra anular as sancións impostas aos transportistas en A Granxa e As Gándaras

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A rexidora porriñesa resolveu o recurso presentado pola asociación de transportistas en referencia a multas de estacionamento recoñecendo que a sinalización existente á entrada dos polígonos é incorrecta 

 

 

O Concello de O Porriño da a razón á Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (APETAMCOR), recoñecendo que a sinalización que prohibe estacionar vehículos pesados nos polígonos de A Granxa e As Gándaras é enganosa ao ser contraditoria á Ordenanza Municipal.

Os transportistas recibiron sancións, conforme ao Artigo 43.2 da Ordenanza Municipal reguladora de circulación e tráfico, por deixar desenganchados os semirremolques no Polígono de A Granxa. O Concello, mediante resolución da Alcaldía, respondeu ao recurso presentado recoñecendo que a sinalización colocada nas entradas dos polígonos é incorrecta.

O Artigo 43.2 da Ordenanza municipal consta de dous apartados. O primeiro, prohibe estacionar calquera tipo de vehículo pesado por unha duración superior a 72 h. O segundo, é o que prohibe o desenganche de gabarras, remolques e semirremolques, así como o seu estacionamento na vía pública.

En ditas sinais , no texto que nelas se inclúe, só se comunica que non se pode estacionar máis de 72 h, non informando da prohibición de estacionar remolques desenganchados. Así pois, interpretase que "as gabarras" ou semirremolques sí poden estacionarse, sempre e cando sexa nun tempo inferior a 72 h.

APETAMCOR segue reclamando que se amplíen as zonas para o aparcamento de vehículos pesados, xa que entre os polígonos de A Granxa e As Gándaras suman máis de 4 millóns de m²; sen embargo, só existe un aparcamento delimitado para vehículos pesados con apenas 25 prazas e situado nun lugar afastado dos principais accesos ao polígono.

Por esta razón, e a pesares deste recoñecemento, a Asociación Empresarial de Transportes de Mercadorías por Estrada de Galicia -APETAMCOR- segue reclamando aos Concellos, Xunta de Galicia e demais administracións competentes, a necesaria ampliación de zonas para o aparcamento debidamente acondicionadas para vehículos pesados, e coas mínimas condicións de seguridade. Isto é, non só para o seu uso polos transportistas da zona, senón tamén para a gran cantidade de vehículos que prestan servizo diariamente ás empresas neles instaladas.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete