As Neves acolle a "XIV Festa do Tinto das Rías Baixas"

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Conta cun programa que comeza este xoves e abrangue distintas actividades durante 9 días

 

 

O programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este mesmo xoves, 3 de outubro, e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12.

Segundo sinala o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o obxectivo é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma  gastronómicos, culturais ou paisaxísticos.

Con esta idea, o  vindeiro xoves, terá lugar unha ‘Cata-maridaxe A catromans’, ás 21:30 h,  no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro.

O sábado, día 5, ás 16:30 h, dende a Praza do Concello, sairá a ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorrerá viñedos de As Neves, completado a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.

Ese mesmo día, e ata o venres, 11, desenrolarase a ‘V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas’, no que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo pincho e viño a un prezo de 2,5 €.

O sábado 12, chegará o ‘día central’ da cita deste ano, que empezará ás 10:30 h. coa apertura da Festa, dará paso ás 13:00 h ao pregón a cargo da actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez, quen abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete