Salceda e As Neves xa teñen en funcionamento o gabinete de atención temperá

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Conta cun equipo especializado formado por tres integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia e está financiado na súa maioría pola Consellería de Política Social da Xunta

 

 

O Concello de Salceda botou a andar un gabinete de atención temperá para atención á poboación infantil de 0 a 6 anos co obxectivo de dar resposta canto antes ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Nesta semana, a alcaldesa Loli Castiñeira e a Concelleira de Benestar Social, Gela Ledo, visitaron as instalacións que o Concello creou no Centro de Servizos Sociais da Devesa e reuníronse coas profesionais que prestan o servizo, que lles trasladaron a boa marcha do mesmo nestes momentos iniciais en que xa contan con máis de 15 nenos e nenas, e comentáronlles o punto no que se atopan nestes momentos, con entrevistas ás familias para avaliar as necesidades de cada caso. O gabinete está preparado para atender en torno a 30 nenos e nenas, que deben vir derivados dende o servizo de pediatría. Aínda así, lembran que calquera familia pode achegarse a pedir información, e aproveitaron para anunciar a próxima celebración dunha xornada de portas abertas o vindeiro 15 de outubro para que toda a veciñanza poida coñecer o servizo de primeira man.

O gabinete conta cun equipo especializado formado por tres integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia, e atende tres días da semana en Salceda e dous nas Neves. O servizo está financiado nun 80% pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para o que concedeu unha partida de 15.603,17 € que o equipo de goberno solicitara na anterior lexislatura e que agora bota a andar a través da Concellaría de Benestar Social.

O Concello de Salceda de Caselas amplía así a súa carteira de servizos á infancia. O Gabinete de atención temperá únese ao servizo de pedagoxía e logopedia co que xa conta o Concello dende fai unha década, e que o converte nun dos poucos Concellos de Galicia que ofreza estes dous servizos.

Tanto o gabinete de atención temperá como o servizo de logopedia existente ata o de agora, traballan en contacto constante cos equipos de orientación dos diferentes centros escolares de Salceda, así como coa pediatra do centro de saúde, garantindo así a cobertura á maior cantidade de nenos e nenas posible, e analizando as diferentes necesidades de cada quen dende os diferentes sectores.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete