O Programa 2ª Oportunidade alenta aos mosenses a obter o título da ESO

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O martes 8 de outubro convócase a todos os interesados a acudir a unha reunión na Axencia de Colocación de Mos

 

 

O  Concello de Mos a través da Concellaría de promoción económica, desenvolvemento empresarial e emprego, dirixida por Julia Loureiro, continúa coas políticas de emprego destinadas a facilitar e mellorar a capacitación e a inserción laboral daquelas persoas con baixa cualificación ou que non tivesen os estudos mínimos de secundaria.

Dentro do Programa de 2ª Oportunidade, encádrase o programa destinado á preparación para as probas libres para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria (ESO). O obxectivo é que a través do apoio titorial e formativo poidan a mediados do ano 2020 estar en condicións de presentarse a esas probas e poidan obter a titulación de graduado en ESO, ou a lo menos, a aprobación de varios ámbitos, que lles facilite obtelo en diferentes convocatorias.

Esta oferta trae a súa razón, da importancia que ten estar en posesión desta titulación para acceder actualmente a diversos postos de traballo e á formación a través de certificados de profesionalidade dun nivel superior.

Tódolos interesados deben solicitar participar nesta acción formativa titorial na Axencia de Colocación de Mos -Avda. de Peinador, 39, Tameiga, Mos-, a través de instancia presencial ou presentando instancia a través da sede electrónica.

O día 8 de outubro ás 10:30 h haberá unha reunión para todas aquelas persoas interesadas, nas que se lle informará das características desta acción formativa, do día ou días que se acorden entre todos nos que se desenrolará a mesma, e os horarios. Polo que se convoca  a todas as persoas interesadas a asistir a esta reunión.

A metodoloxía empregada consistirá nunha titoría grupal e individual o día de asistencia á clase, e de preparación por cada alumno durante toda a semana da materia que o docente estableza, dacordo á programación inicial e que ten como obxectivo cubrir as materias necesarias para a obtención con éxito do título de graduado en ESO. Ademáis, incorporaranse sesións de teleformación ou on line, que permitirá a todolos alumnos_as estar conectados diariamente co titor.

Aquelas persoas ás que lles sexa imposible asistir ese día, pódense acercar á Axencia calqueira outro día, onde se lle dará todala información que necesiten, ou ben pódena solicitar a través do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.