COGAMI forma en Vigo a 15 persoas con discapacidade para traballar no comercio

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O curso, con duración de 100 h, é unha das accións que desenvolve COGAMI dentro do programa de inclusión sociolaboral Máis Emprego que financia o Fondo Social Europeo e Fundación Bancaria “la Caixa”

Dende que iniciou este programa en 2017, a taxa de inserción de persoas supera o 75%

 

As instalacións que a  Confederación Galega de Persoas con Discapacidade -COGAMI- ten en Vigo -Rúa Teixugueiras, nº15, baixo, Navia- acollen dende onte un curso de Auxiliar de Comercio, dirixido a  persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral recoñecida para profesión habitual.

Esta acción formativa, con duración de 100 h lectivas -repartidas en 60 h teóricas e 40 prácticas- impártese durante as mañás de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 h ata o 25 de outubro, estando dividida nos seguintes módulos: técnicas de venta, xestión de stocks e inventarios, presentación e empaquetado de produtos e organización do punto de venda.

En total son 15 persoas as que inician o curso, 10 mulleres e 5 homes, proceden dos concellos de Vigo, Redondela, Nigrán, Ponteareas, Gondomar e Baiona. Todas elas comprenden idades de entre os 23 e os 57 anos, polo que o que buscan é, ou ben o acceso ao mercado laboral por vez primeira, ou conseguir unha reciclaxe profesional.

Esta formación, que financia Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego, programa que se desenvolve nas comarcas de O Salnés, Pontevedra e Vigo, co fin de dotar de competencias necesarias ás persoas con discapacidade de cara á inserción laboral.

Máis Emprego proporciónalle ao alumnado destrezas profesionais que lle permiten un rendemento competitivo no mercado laboral ademais de desenvolver habilidades persoais para a súa participación social.

Dende que iniciou este programa en 2017, lévanse impartido 18 cursos nos que se formaron un total de 177 persoas con discapacidade (74 mulleres e 103 homes). De todas estas persoas formadas,  130 delas conseguiron inserirse laboralmente tras pasar por Máis Emprego, das que 63 son mulleres e 67 son homes, co que conta, ata o de agora, cunha porcentaxe de inserción que supera o 75%.

En  2019 levamos realizados 3 cursos nos que se formaron 27 homes e 11 mulleres, logrando a inserción laboral de 14 persoas, 10 homes e 4 mulleres. Este que inicia hoxe, é o cuarto curso que imparte este ano o programa Máis Emprego.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete