Queda aprobada no Pleno de Mos a modificación puntual do PXOM

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A negativa da oposición non pudo coa maioría do PP na votación que da paso a unha reforma localizada do Plan Xeral de Ordenación Urbanística

 

 

O Pleno do Concello de Mos, na súa sesión ordinaria de setembro celebrada hoxe, deu luz verde a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal -PXOM- grazas aos votos favorables dos 9 concelleiros do Partido Popular que conforman o equipo de Goberno. Os grupos da oposición PSOE, Gañamos e o BNG, votaron en contra.

A modificación puntal do PXOM de Mos aprobada hoxe no Pleno nace da necesidade de cambiar o uso actual do solo, actualmente clasificado como rústico de protección forestal, para aproveitar as potencialidades  do Concello para localizar novos investimentos.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo insistíu hoxe na “oportunidade histórica” que supón para Mos o proxecto do Real Club Celta, “que convertirá este municipio nun referente internacional en materia deportiva, xerará emprego, economía e comercio para os mosenses”. De feito, e segundo a memoria económica do proxecto levado hoxe ao pleno, prevese a creación de máis de 2.000 novos postos de traballo e permitirá un incremento na recaudación anual impositiva de máis dun millón de euros. Así mesmo, aportará ás arcas do Concello de forma puntual máis de sete millóns de euros.

En conxunto, o proxecto suporá crear novas infraestruturas públicas para o municipio por valor de 41,6 millóns de euros e un investimento total duns 200 millóns de euros co conseguinte impacto na dinamización da industria e, en xeral, na economía local e de toda a área metropolitana. O proxecto tamén prevé a mellora ambiental e paisaxística de máis de medio millón de metros cadrados de monte que se reforestarán con especies autóctonas, conformando un parque de uso público e unha mellora importante nas redes veciñais de auga existentes no ámbito, garantindo a  conservación e renovación das actuais infraestruturas.

Arévalo insistíu tamén en que “o Concello de Mos seguirá a ser o maior garante de todo o proceso e que traballará sempre desde o respecto e coa fin de conseguir un acordo que resulte positivo para todas as partes”.

O Concello de Mos lembra que, tras esta aprobación, ábrese un plazo de exposición pública do proxecto de 60 días e que a partir de mañá, e por un prazo de dous meses, todos os veciños poderán presentar alegacións e expoñer e resolver as súas dúbidas con dous técnicos municipais, un xurídico e un arquitecto, que estarán a súa disposición, no Concello en horario de mañá.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete