Seleccionado o persoal  para a central loxística de Amazón en O Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Unha vez rematado o proceso de selección aceleran para a sua posta en marcha en outubro

 

Onte os 40 aspirantes elixidos para traballar na central loxística de “Amazon” que abrirá en Porriño, viaxaron a Barcelona para iniciar a súa formación. 

A axencia “Manpower” realizou a selección de persoal entre centenares de peticionarios. A plantilla ampliarase en datas de maior demanda como “Black Friday”, campaña de Nadal e rebaixas de inverno.

Namentres “Amazon” acelera os preparativos para a apertura da súa central loxística que se producirá en outubre. “Se todo va bien en torno o 7 de outubre” manifestou David Alonso, concelleiro de Emprego.

“Amazon” que dispón de licenza de obra dende o 1 de agosto, realiza a reforma da antiga nave de “Arcelor” que mercou para establecer a central loxística no polígono industrial de Prado-Budiño. Estáse a reformar unha nave preexistente de 1927 m2 construídos dentro dunha superficie total de 4.661 m2 que ten o solar.