A Graña e A Risca acollen o percorrido do Rally Mix Concello do Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As dúas mangas no que estará dividida a proba discurrirán entre o centro da vila, A Graña e A Risca ó longo da tarde do sábado 28 e o domingo 29

 

 

Os detalles da proba déronse a coñecer onte nunha rolda de prensa presidida pola concelleira de Seguridade, Lourdes Moure na que participaron representantes da escudería organizadora “Surco”; Federación Galega de Automobilismo; Xunta de Galicia e Concello de Porriño. Tamén estiveron representados os patrocinadores privados -os concesiorarios “Gumerjo”, “Rivada” e A Banca-.

“Promovemos o Rally Mix Concello de Porriño coa intención de que se consolide na programación das Festas durante o derradeiro fin de semana, é dicir, durante o chamado "Recristo"; e tamén coincidindo coa Festa dos Callos e cos milleiros de visitantes na nosa vila”, dixo Moure.

O presidente da FGA, Iván Corral, subliñou que “o chamado rally mix é unha fórmula low cost que ven de Irlanda e que permite incoporarse ó mundo do automovilismo a moitos afecionados dun xeito, económicamente moito máis doado”.

Trátase dunha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto na que poden participar dende Kart Cross ata carrozados de todo tipo sen matricular, o que simplifica as inscripcións.

Na mesma liña o xefe do Servizo Provincial de Deportes Daniel Benavides, engadiu que “a Secretaría Xeral do Deporte, conviu coa Federación patrocinar este tipo de probas, das que hai dúas na provincia -Cuntis e Porriño- como achegamento a este deporte”.

Pola súa banda o concelleiro de Deportes, David Alonso agradeceu “a colaboración dos veciños do barrio de A Graña, que nos permiten realizar esta proba e son moi comprensivos a pesares das molestias”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete