Os hostaleiros do Porriño preparados para a vindeira XXVI Festa dos Callos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Cerca de corenta establecementos agardan despachar este domingo 25.000 racións a un prezo fixado de 5 €

 

 

Un total de 37 establecementos de hostalería de Porriño participarán finalmente o vindeiro domingo 29 na XXVI edición da Festa dos Callos.

Este certame, organizado polo Concello de O Porriño e ACIPOR (Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño) coa colaboración de AHOSPOR (Asociación de Hostaleiros de Porriño), é o principal evento gastronómico do ano en O Porriño; e constitúe un dos principais reclamos dos festexos do Cristo, que a súa vez marcan o remate das festas.

Os concelleiros do goberno municipal Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso protagonizaron a roda de prensa de presentación xunto coa xerente de ACIPOR, Noelia Conde; o presidente  de AHOSPOR, José Manuel Fernández; e Fran Castiñeiras, en representación dos hostaleiros.

Unha das novidades deste ano será o prezo da ración, que se unifica a 5 € por acordo dos organizadores e dos establecementos. O acto rematou cunha degustación gratuita de callos para asistentes e público, en variadas formas de elaboración de varios dos establecementos participantes.

O concelleiro de Festas, David Alonso lembrou que o domingo haberá animación de rúa e por barrios da vila, en horario matinal, con dúas charangas e tres grupos  folklóricos e de gaitas. Pola tarde dous concertos musicais, un espectáculo de maxia para nenos e, pola noite, as dúas últimas verbenas coas orquestras “Solara” e “Tango”.

No que se refire aos eventos deportivos destaca tamén como novidade o Rally Mix Concello do Porriño, que se presentará este mércores en rolda de prensa no consistorio, a partir das 10.30 h.