O PSOE de Mos solicita unha partida orzamentaria para "O Son do Pazo"   

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O grupo socialista mosense presentou unha moción para a creación dunha partida nos presupostos para o festival “O Son do Pazo”

 

 

A bancada socialista decidiu tomar a iniciativa de solicitar a creación desta partida, despois de que a organización manifestase durante a preparación da 5ª edición, problemas de comunicación coa administración local e por enriba de todo, chegando a por en perigo a realización do festival.

A voceira, Victoria Alonso, di non entender coma dende o goberno local non quixeron participar nas reunións da organización coma nos anos anteriores; e coma estiveron esperando a que pasasen as eleccións municipais para retomar as comunicacións. Engade que "o patrimonio cultural do noso concello está por enriba de disputas políticas" e recrimínalle "non haber confirmado antes a colaboración".

Ademais, a socialista di que "esta partida é unha maneira de demostrar o apoio do concello a este evento, xa que nesta edición, a aportación económica do concello foi de 0 € e a colaboración limitouse a xestionar wc portátiles e que tivesen conexión electrica.

Finaliza dicindo que espera que a moción sexa aprobada co voto favorable do Partido Popular porque outro significaría que o goberno local non quere apoiar a actividade cultural do noso concello e estivo enganando a veciñanza durante toda a campaña electoral.