Encontro da ANPA da Galiña Azul de Torneiros cos proxenitores dos nen@s usuari@s

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Celebrouse unha reunión para explicar a situación da Escola Infantil á que tamén estaba convidada a alcaldesa do Porriño -por rexistro e dende o pasado xoves- e á que non compareceu

 

 

Esta tarde ás 17.00 h na gardería de Torneiros da Galiña Azul, reuníronse pais e nais, así coma a propia ANPA e unha representación do Consorcio de Consorcio Galego de Servizos Sociais de Igualdade e Benestar.

As titulares da asociación Marta Rios e Laura Freiría, que agardaron 10 minutos de cortesía para o comezo, explicaron aos presentes o estado e situación no que se atopan instalacións e usuarios que iniciaron a mediados de marzo, cando se reuniron con Lourdes Moure, concelleira de Educación do Concello do Porriño,  e na que falaron das necesidades e estado da Escola Infantil.

Un día despois, a ANPA solicita por escrito o compromiso da Xerencia do Consorcio de Educación. Estes respostan o 4 de abril, comprometéndose e solicitando que o Concello lles adxunte "unha memoria valorada das actuacións que se pretenden levar a cabo, para que a nosa Unidade Técnica comprobe a idoneidade técnica e económica das mesmas, así como o cumprimento da normativa correspondente.

Unha vez que nos remitan esa memoria e a unidade técnica informe favorablemente da mesma, por parte desta Xerencia se prestará conformidade para que o Concello as leve a cabo, comprometénose o Consorcio, a financialas íntegramente mediante a compensación nas liquidacións que ten que pagar anualmente o Concello do Porriño.

A día de hoxe non tivemos ningunha solicitude do Concello nese sentido, pero en caso de recibila a tramitaríamos coa máxima axilidade".

Según engade a ANPA da Galiña Azul de Torneiros , este correo foille reenviado a Lourdes Moure, e ao non obter resposta, novamente reenviado o 20 de maio solicitando a confección da Memoria de Actuacións, e volta a enviar o 16 de xuño, o 3 de xullo e o 17 de xullo -máis varias visitas ao Concello para falar en persoa, sen éxito-. 

Sen resposta ata o 18 de xullo, no que o Concello adxuntalle á ANPA o documento enviado á Xunta cun orzamento de 25.272,06 €, e no que non se recollen todas as necesidades da escola infantil.  Pasados once días, solicítan ao Consorcio información sobre o inicio das obras, remitíndoos novamente ao Concello.

Finalmente é o 20 de agosto, cando dan comezo os traballos de reparación, anunciando o seu remate o Concello o 2 de setembro; aínda que para sorpresa dos pais e nais que se atopan con 6 portas sen colocar, teitos desconchados e sen pintar, sen cubreradiadores, inodoros sen tapa e altos, o cuarto de bebés sen cristal de vixiancia na porta… Deste xeito Inspección non deu aprobado para o inicio do curso do centro, co conseguinte trastorno para aqueles pais que solicitaron unha semana de vacacións nos seus traballos, para o período de adaptación dos seus fill@s ao inicio do curso.

O pasado xoves 12 de setembro, o Centro e ANPA celebran un Consello Escolar ao que se convida a Lourdes Moure, pero cando esta observa que tamén acude a adxunta da xerencia do Consorcio de Consorcio Galego de Servizos Sociais de Igualdade e Benestar -Carmen García Campelo-, decide abandoar molesta a reunión indicando que foi "una encerrona" ante as cinco persoas presentes, para posteriormente dar a coñecer a través dun comunicado de prensa que "o Concello vai rematar o sábado coas obras de reforma, incluidas as ampliacións exisidas polo Consorcio, e a partir do vindeiro luns 16, despois da limpeza xeral da gardería, a Xunta deberá decidir cando abre a Galiña Azul de Torneiros". “A partir de agora será a Administración Autonómica que é a titular da gardería, a que deberá de contratar e executar calquera outra obra ou mellora nesa instalación”.

No mesmo día (xoves 12) a ANPA rexistra unha invitación no Concello dirixida á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, para acudir á reunión de hoxe con nais e pais e explicar a situación; pero non compareceu ninguén. A realidade é que no lugar das portas novas que se contemplaban na memoria están a vellas, os teitos seguen sen pintar ou os cubreradiadores "improvisados" non respetan as normas de seguridade.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete