Esta tarde Miúdo Fest en As Pedriñas de Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Música, xogos ou maxia danse cita dende hoxe e ata mañá no territorio cultural mosense

 

 

As instalacións do CSCD AS PEDRIÑAS acollerán esta fin de semana o IV Miúdo Fest, Festival para persoas de mediana estatura.

Durante o sábado 14, a partir das 17.00 h, as persoas asistentes poderán desfrutar das actuacións musicais dos grupos "A Banda dos Insectos", "Elephants Yard" e "A Gramola Gominola" facendo de mestre de cerimonias, o ukeleleautor Antón Ke.

Ademais poderán estampar as súas propias camisetas do Festival no obradoiro de serigrafía, que impartirá a artesana Ana Mirou. Cada asistente deberá traer a súa própia camiseta.

O domingo 15 continúan as actividades a partir das 16.00 h coa Brincadeira Miudiña, con xogos tradicionais e a música de Cé Orquesta Pantasma.

O festival rematará coa actuación do Mago Marco.

As entradas pódense retirar na cantina do CSCD As Pedriñas, a un prezo de 8 €. Este festival conta co apoio da Deputación de Pontevedra e da Comunidade de Montes de Tameiga.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete