O Concello de Tui organiza o Foro de Emprego “Emprega Tui”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Emprega Tui está organizado polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui, en colaboración con distintas entidades e empresas, co obxectivo de achegar a realidade do mercado laboral as persoas que están buscando emprego

 

 

O Concello de Tui organiza o próximo 17 de setembro, un Foro de Emprego que baixo a denominación de  Emprega Tui, que  ten como obxectivo achegar a realidade do mercado laboral a todas aquelas persoas que se atopan en busca de emprego, e queiran coñecer da man de expertos en selección o seu grao de empregabilidade, atendendo aos perfís profesionais e habilidades persoais que estes requiren en la selección de persoal de cada empresa.  Identificaranse  os postos de traballo máis demandados no mercado laboral e desvelaranse os aspectos clave mellor valorados nos procesos de selección. Todo iso de maneira vivencial e a través de casos prácticos e exemplos reais da contorna laboral.

Emprega Tui  contará coa presenza de varias empresas líderes no seu sector que permitirán acercar a realidade laboral aos asistentes que coñeceran que tipos de perfiles son os que están a demandar e as exixencias claves para a súa cobertura. Ademais o Eures Transfronteirizo colabora na realización deste Foro no que  entre os principais obxectivos do mesmo estaría en primeiro lugar, coñecer empresas líderes no seu sector localizadas no noso entorno, mediante breves exposicións nas que se detalla a súa filosofía corporativa e como son os procesos de selección, co fin de proporcionar información útil ás persoas demandantes de emprego. Dar a coñecer as necesidades e requisitos das empresas á hora de realizar unha contratación e facilitarlle  ás persoas desempregadas claves que lle axuden a superar con éxito os procesos de selección. As empresas participantes son: Quick Up, Adecco, Utingal, Alonarti, Star servicios e Grupo Marsan

O número de prazas é limitado e serán cubertas por rigoroso orde de solicitude. As persoas interesadas en asistir poderán  solicitar a súa inscrición ben por correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben telefónicamente nos nº 664 552 493, 629706 436 e 98660 16 51; ou en persoa na segunda planta del Centro de Formación Municipal do Concello de Tui, en Guillarei.

O foro realizarase  o próximo 17 de setembro na aula da UNED de Tui na rúa Antero Rubín en horario de 8:45 a 14:00 h.

Coa realización deste Foro, o Concello de Tui quere demostrar o seu compromiso co emprego creando oportunidades para o encontro e facilitando a participación de todas as partes implicadas no mercado laboral, nun territorio situado estratéxicamente e coa intención para dar resposta ás necesidades de recrutamento da área de influencia do  Concello de Tui, o que permitirá reducir paulatinamente o número de persoas desempregadas no Municipio.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete