Inicio das actividades extraescolares xestionadas polas ANPAS de Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello de Mos subvenciona catro actividades nos cinco CEIPs do municipio, que son totalmente gratuítas para os participantes e se imparten nas instalacións dos respectivos centros educativos: Fútbol Sala, Baloncesto, Balonmano e Multideporte

 

 

Máis de mil cen cativos de Educación Infantil e Primaria comezarán mañá as clases do novo curso escolar 2019-2020 nos 5 CEIPs públicos do Concello de Mos: Petelos, Pena de Francia, Atín, Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos) e Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda).

Para asegurarse de que todo estivese a punto e en perfectas condicións para a volta ao cole dos nenos e nenas escolarizados en Mos a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, visitaron esta mañá as instalacións dos cinco colexios.

Ademais das clases, co inicio do curso, regresan tamén a Mos as actividades extraescolares ofertadas polo Concello. A administración local mosense, a través da concellería de Educación e en colaboración coas ANPAS, leva unha década promovendo esta iniciativa que comezou concretamente no curso 2010-2011 e hoxe é xa toda unha tradición; e pilar fundamental para a concienciación da vida familiar e laboral dos pais e nais mosenses.

O Concello de Mos subvenciona catro actividades extraescolares xestionadas polas ANPAS nos Centros de Educación Infantil e Primaria do municipio que son totalmente gratuítas para os participantes. Trátanse de clases de Fútbol Sala, Baloncesto, Balonmano e Multideporte que se imparten nasinstalacións dos respectivos centros educativos.

A disciplina de Fútbol Sala organizouse por primeira vez no curso escolar 2017-2018, e celebrouse unha Liga Escolar na que competiron entre sí os equipos dos 5 CEIPs públicos da localidade mosense: Atín, Mestre Martínez Alonso, Mestre Valverde Maio, Pena de Francia e Petelos. Este curso mantense a disciplina e organizarase de novo a devandita Interliga entre os cinco colexios.

Para impartir as actividades de Fútbol Sala e Multideporte o Concello de Mos ten asinados sendos convenios coa Unión Deportiva Mos, que destina un total de 14 monitores deportivos para levar a cabo as clases, e co Club Louro Tameiga. De impartir as clases de Baloncesto encárgase o Porriño Baloncesto Base. E por outra banda as clases de Balonmano son impartidas polo Club de Balonmano Porriño, que destina ás mesmas 4 monitores.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete