Salceda iniciou a pasada fin de semana o VII Pincho Folk a Salceda

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

15 establecementos hosteleiros participan no evento acompañados dos grupos de música tradicional de Salceda e arredores

 

 

Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, o pasado venres día 6 iniciou a VII Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados  ata o 28 de setembro, e na que un total de 15 establecementos van participar na ruta en que serviranse pinchos ao prezo de 1,50 € en horario de 20:00 a 23:59 h.

A ruta de pinchos conta co engadido do folk, quedando aberta a participación a todos aqueles gaiteir@s, pandeireteir@s ou músic@s en xeral que desexen asistir e pasar unas boas noites de foliada na compaña da mellor gastronomía.

Os clientes que degusten os pinchos en diversos locais entrarán no sorteo de premios como circuítos termais, lotes de produtos ou cheques en efectivo. Para elo terán que recoller as tarxetas de participación nos establecementos hosteleiros e ir cubríndoas en cada un dos locais visitados. Tamén @s hosteleir@s optarán ao Pincho de Ouro elexido pola clientela e aportado por ACISA.

O proxecto organízase conxuntamente entre o Concello e o sector hosteleiro, para o cal se levaron a cabo diversas reunións dos hosteleiros e hosteleiras con Verónica Tourón, Concelleira de Comercio, e Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura, encargados da coordinación.

O concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez, aproveitou para convidar aos diferentes grupos de música tradicional a participar no evento, consciente de que as diferentes iniciativas levadas a cabo dende o Concello orientadas aos colectivos de música tradicional están a conseguir sempre unha elevada participación, nun Concello especialmente dinámico e con un amplo e consolidado tecido asociativo sempre disposto a colaborar neste tipo de actividades.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, definiu o evento como una importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hosteleiros. “Pensamos en seguir organizando este tipo de eventos que apoien ao comercio local, neste caso á hostelería. A iniciativa do pincho folk foi prantexada dende o Concello fai xa 7 anos e estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtida dende o primeiro momento”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete