O Concello de Mos abríu expediente sancionador a Urbaser

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Nas últimas semanas a recollida selectiva non se estaba a facer adecuadamente e mesturábanse residuos orgánicos, cos plásticos e envases lixeiros e papel e cartón

No expediente solicítase infracción moi grave á empresa de recollida de lixo por deficiencias no servizo

 

 

O Concello de Mos informa de que, ante as deficiencias detectadas nas últimas semanas no servizo de recollida de lixo por mestura no mesmo camión dos residuos orgánicos procedentes dos colectores verdes, cos plásticos e envases lixeiros depositados nos amarelos, así como o papel e cartón dos azuis, a administración local abriulle á empresa concesionaria do servizo, Urbaser, un expediente sancionador por infracción moi grave. Os informes periódicos que a enxeñeira municipal realiza para controlar a correcta prestación do servizo constatan as deficiencias.

Ademais a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso, xa se reuniron con responsables da empresa para abordar este tema que os representantes municipais consideran “de máxima prioridade”.

A postura do Concello é a de esixirlle a Urbaser a subsanación das deficiencias na recollida selectiva e a garantía de que non se volvan producir, so pena de ser obxecto de medidas máis drásticas chegando incluso a poder producirse a rescisión do contrato se a situación perseverase e fose necesario.

Ademais dende a administración local reclamóuselle á empresa un informe no que se especifique en detalle todo o lixo recollido e reciclado en Mos no último ano, con rexistros de depósito en Sogama que certifiquen a súa veracidade.

Urbaser aportou xa un informe e comunicoulle ao Concello de Mos que as deficiencias na recollida selectiva que se viñeron producindo nos últimos días foron producto dunha mala praxis por parte da plantilla, que se considera unha falta moi grave e que, polo tanto, veñen de iniciar unha investigación para indentificar ao traballador/es responsables e abrirlle o pertinente expediente.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete