Novo encontro entre o Concello do Porriño e ADIF

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A alcaldesa de O Porriño reuniráse coa directora xeral de Planificación e Proxectos de ADIF para dar forma ó convenio que posibilite a supresión do paso a nivel

 

 

O paso a nivel existe en O Porriño dende 1948 e a súa supresión é unha demanda histórica, que se reforzou a partires do accidente de hai tres anos, cando o Tren Celta descarrilou por exceso de velocidade co resultado de catro falecidos e preto de medio centenar de feridos.

A preocupación dos veciñ@s do Porriño é máis que evidente, pois xa son demasiadas as testemuñas que presenciaron os numerosos fallos das barreiras ao seu paso dos trens, co perigo que isto supón tanto para tráfico rodado como peóns.

A directora xeral de Planificacións e Proxectos de ADIF, María Luisa Domínguez Gónzalez, confirmou que recibirá o vindeiro xoves 19 de setembro, ás 11 da mañán, á alcaldesa Eva García.

A reunión en Madrid, froito das persistentes xestións do Concello de O Porriño ante o Ministerio de Fomento, será para dar forma ó futuro convenio que posibilite executar o soterramento da vía férrea e eliminar o actual paso a nivel.

O Goberno Municipal de Porriño entende que ese futuro convenio debería ser participado polas catro administracións públicas (Estado, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e o propio Concello) para asumir de xeito conxunto a financiación da obra.

Trátase de dar continuidade ás xestións realizadas hai un ano pola alcaldesa coa presidenta do ADIF, Isabel Pardo de Vera, que citou a Eva García en Madrid. Naquela reunión, de data 31 de agosto de 2018, a presidenta do ADIF comprometeuse a retomar a proposta unánime dos grupos municipais e dos colectivos sociais e económicos de Porriño, para suprimir o paso a nivel como se evidenciou na histórica manifestación do 1 de xuño dese ano.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete