EU Son rexistra no Concello do Porriño a petición "Festas sen ruído"

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Nas súas reivindicacións avógase por parar a alta música das atraccións nunha franxa horaria acordada previamente y na sustitución dos foguetes por outro estímulo menos ruidoso

 

 

Esta mañán, Blanca María Francés Rodríguez, en representación do Grupo Municipal de  EU Son do Porriño-Son en Común e facendo acopio das peticións veciñais, presentou por rexistro a seguinte exposición:

"Cada vez son máis os concellos (Cambados, Ponteareas ou Pontevedra, entre outros) que se unen a iniciativas para facer as súas festas máis inclusivas, nas que poidan ter cabida todos os nen@s, eliminando todo tipo de barreiras, tamén as sonoras, que tanto dano lles fan ás persoas con hipersensibilidade acústica (moitas persoas con TEA presentan esta hipersensibilidade), facéndolles totalmente imposible disfrutar das atraccións debido ao volumen altísimo que teñen. Así mesmo, o son dos foguetes que se botan nas festas é realmente aterrador e insoportable para este tipo de persoas, o que acaban convertendo unhas festas, que en principio son para o disfrute da cidadanía, nun auténtico pesadelo. Por todo o anteriormente exposto".

Deste xeito, e tal coma noutros municipios xa contemplan, o grupo EU Son solicita ao Concello "parar a música das atraccións nunha franxa horaria concreta (por exemplo de 19 a 21 h), para que as persoas con hipersensibilidade acústica poidan disfrutar das atraccións durante este tempo; así como substituír os foguetes das festas por outro tipo de estímulo, menos aterrador para estas persoas".

Deste xeito, o Concello do Porriño sumaríase a esta iniciativa de ter unhas festas inclusivas para tod@s, con medidas máis que razoables que á súa vez tamén se tornan beneficiosas para os animáis de compaña, alternativas ás que xa se foron sumando outros concellos.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete