Nidia Arévalo reclama axilidade nun permiso que permitiría rematar a obra do acceso a San Eleuterio

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A eliminación de dous postes de Fenosa e do soterramento da liña eléctrica debe facerse antes da acometida do asfaltado do vial, que é o único que queda pendente para a finalización da humanización

Para a retirada dos postes fai falla o permiso da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

 

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reclama á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que axilice o permiso para poder retirar dous postes de Fenosa e soterrar a liña eléctrica no acceso a San Eleuterio, de xeito que se poida acometer o asfaltado do vial e rematar así a obra.

O asfaltado está pendente da retirada de dous postes de media tensión de Fenosa. A eliminación dos devanditos postes é necesaria tanto para poder levar a cabo os traballos de reposición do firme como por seguridade viaria, xa que se trata de elementos que obstaculizan.

Dende o Concello de Mos fai tres meses que se solicitou a Fenosa a retirada dos postes e, á súa vez, a empresa pediu permiso para quitalos á Confederación Hidrográfica. Pola súa banda a administración local non pode eludir este trámite e actuar retirando os postes, en aras de evitar calquera tipo de expediente sancionador por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Arévalo destaca a premura do asunto e a necesidade do remate da obra canto antes “ao aproximarse o inicio do curso escolar e do curso deportivo e tratarse esta dunha zona de gran actividade e movemento en ambos ámbitos, xa que nela se atopan ubicados o Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga e a Escola Infantil A Galiña Azul de Cototorrón”.

Ademais dos postes, o Concello xativo que eliminar outros elementos que mermaban a seguridade viaria na zona. No mes de marzo retirouse unha construcción que obstaculizaba a visibilidade dentro da obra de humanización do acceso a San Eleuterio grazas a un acordo co propietario que permitiu a eliminación do obstáculo.

A construcción obstaculizaba enormemente a visibilidade no cruce coa vía de servizo da autovía. O Concello de Mos chegou a un acordoco propietario e puido retirarse este obstáculo cuxa eliminación viña sendo solicitada históricamente pola veciñanza dende fai dúas décadas.

Coa actuación de humanización do acceso de San Eleuterio créase na contorna da urbanización de San Eleuterio un novo itinerario peonil que dá continuidade ao existente na Estrada Tameiga-Pereiras, ao Oeste, e chega á Ermida de San Eleuterio, onde se continúa polo Camiño da Levantada, ata a vía de servizo da Autovía A-55, ao Norte.

Esta nova beirarrúa, de polo menos 1.80 m de ancho, axústase ás aliñacións viarias definidas no PXOM-2017 e garante a seguridade do tránsito peonil entre as vivendas e os equipamentos (Campo de Fútbol, Ermida de San Eleuterio ouEscola Infantil A Galiña Azul de Cototorrón).

O ancho da calzada auméntase naquelas zonas onde hai estreitamentos perigosos, sempre axustándose ás aliñacións do plan.

A actuación compleméntase cos muros e movementos de terra necesarios para ampliar a sección viaria, e tamén con obras complementarias, como o deseño de nova iluminación eficiente, a adaptación da drenaxe ou a mellora da sinalización.

A inversión que require esta obra de mellora dos accesos a San Eleuterioéde 254.449,77 € e conta con subvención provincial do Plan Concellos 2018.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete