GañaMos publica o déficit económico da xestión do Partido Popular

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O grupo da oposición afirma que o PP agochou estes datos para que non foran públicos antes das eleccións como dicta a lei 

Non só non acadaron superávit para paliar o déficit de -876.860,73 € do 2017 senón, que duplicaron o déficit no 2018 ascendendo a -1.762.420,24 €

 


"Agora sabemos porque o Partido Popular incumpliu a lei e non presentou as contas do ano 2018, antes do 15 de maio, ocultando así esta información aos votantes das eleccións municipais do 26 de maio.

Despois da deixadez do goberno do PP para controlar o gasto sabíamos que non ían reconducir o déficit e agardábamos uns malos datos como os do ano 2017; pero nunca que foran capaces de semellante irresponsabilidade e presentar unha liquidación cun déficit de -1.762.420,24€.

O desastre económico é maiúsculo,  non só non acadaron superávit para paliar o déficit de -876.860,73€ do 2017, senon que duplicaron o déficit no 2018, colocando a tesoureira do Concello nunha situación de emerxencia.

O Partido Popular ten que dar explicacións aos votantes que foron as urnas enganados. Cantos votos terían de saberse a verdade?

Tamén terá que dar explicacións cando irremediablemente suba outra vez os impostos para paliar a súa nefasta xestión económica,  xa que 2019 ten visos de ser aínda peor despois de todo o despilfarro electoral e da cifra récord en recoñecementos extraxudiciais de crédito que levamos este ano.

Dende o ano 2016 estamos reclamándolle ao Partido Popular que controlara o gasto e aplicara en seriedad o novo Plan de Axuste Económico, pero está claro que fixeron caso omiso ao noso chamanento á responsabilidade. Do seu desastre económico só queda unha enigma por resolver: a quén lle botarán a culpa esta vez?  Porque xa sabemos que o de asumir responsabilidades non vai con eles.

Según os datos de Intervención o remanente de Tesorería para gastos xeráis axustado do 2018 é de -1.762.420,24 € e o remanente de Tesorería para gastos xerais 2017 foi de - 876.860,73 €.

Investimentos reais:
- Quedan pendentes de pago obrigas recoñecidas por importe de 934.150,40 €.

Gastos en bens correntes e servizos:
- Quedan pendentes de pago obrigas recoñecidas por un importe de 883.684.,54 €.

Segundo o artigo 212.2 del TRLRFL:
1. Los estados y cuentas de la entidad local serán rendidas por su presidente antes del día 15 de mayo del ejercicio siguiente al que correspondan.

Segundo o artigo 193.1 do TRLRFL:
1. En caso de liquidación del presupuesto con remanente de tesorería negativo, el Pleno de la corporación deberá proceder, en la primera sesión que celebren, a la reducción de gastos del nuevo presupuesto por cuantía igual al déficit producido."

INFORME COMPLETO DA INTERVENCIÓN MUNICIPAL

 

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete