Concello e S.D. Mosende estudan os posibles arranxos no campo de futbol do Folón

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O clube solicita a retirada urxente duns postes metálicos que supoñen un risco

 

 

Unha comitiva municipal encabezada por Lourdes Moure, alcaldesa accidental e David Alonso, concelleiro de Deportes visitaron hoxe o campo de futbol do Folón para comprobar in situ as melloras demandadas polo presidente e directivos de ese club.

A principal reivindicación é retirar os postes metálicos que sosteñen as redes para evitar a saída dos balóns tralas respectivas porterías. A proximidade deses postes ó terreo de xogo constitúe un risco. “O seu retranqueo é unha prioridade por razóns de seguridade que vai ser atendida de inmediato polo Concello”, manifestaron Lourdes Moure e David Alonso.

As obras do campo da S.D. Mosende veñen arrastrando problemas de planeamento dende que no ano 2014, cos últimos gobernos do PP tanto en O Porriño como na Deputación, planificouse unha mellora que incluía a colocación do céspede sintético, cun orzamento aproximado de 122.000 €. Sen embargo houbo que agardar 2 anos para o remate das obras, cando o proxecto foi retomado e axilizado polo primeiro goberno municipal de Eva García e con Manuel Carrera na concellería de Deportes.

Pero aínda quedan flecos por resolver, como o retranqueo deses postes metálicos e tamén do muro de peche por un lateral do campo, donde hoxe estaban realizándose tareas de desbroce e limpeza por persoal do Concello de Porriño.