O Concello do Porriño pronúnciase respecto Porrigalia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Goberno Municipal de O Porriño lémbralle ó voceiro do PP que él foi o responsable de retirar máis de 60.000 € do orzamento de festas -xusto a coantía de “Porrigalia”- para aboar con anos de retraso ás expropiacions da A-52 en Cans

 

 

O goberno municipal de Porriño, en contestación ó PP que reprocha que non se reedite “Porrigalia”, lembralle ó voceiro municipal desa formación que él foi o responsable xunto cos restantes concelleiros do Partido Popular de aprobar o desvío de máis de 62.000 € da partida orzamentaria de “Festexos populares”, para aboar as expropiacións da A-52. Ese importe correspóndese co orzamento aproximado de “Porrigalia”. 

O devandito acordo adoptouse no pleno municipal do 4 de marzo deste mesmo ano.O importe de 62.365 € retirado de Festas pola proposta de “Caroca”, foi para pagar con moitos anos de retraso as expropiacións ós veciños de Cans pola Autovía, porque os sucesivos gobernos municipais do PP, dende a época de José Manuel Barros, non pagaron.

Foi o goberno municipal de Eva García quen levou este ano a proposta de aboar esas expropiacións e propuxo que se fixera con cargo á aplicación orzamentaria 161/48 segundo defendeu nese pleno de marzo a concelleira de Fazenda, Lourdes Moure.

Sen embargo, foi Alejandro Lorenzo quen no mesmo pleno prantexou que o pagamento ós vecinos de Cans se fixera con cargo á partida de festas, a aplicación orzamentaria 338/226980. E así foi acordado polo pleno municipal cos 9 votos favorables, os do PP e o do voceiro do BNG, Pedro Pereira.

A coantía do pagamento ós vecinos de Cans correspóndese co orzamento aproximado que tiña “Porrigalia” nos exercicios anteriores, cando fora organizada polo goberno municipal de Eva García e na primeira edición, de cuxa organización foi responsable o propio Alejandro Lorenzo que gastou 64.027 € en 2014, según as facturas arquivadas no Concello.

“Parece obvio que si se retiran máis de 62.000 € da partida de festexos no orzamento deste ano, haberá que cancelar alguna festa e, lóxicamente, non poderían ser nin San Benito nin O Cristo” sinalou Lourdes Moure, alcaldesa accidental.

“Resulta un exercicio de cinismo político monumental o que fai o voceiro do PP, reclamandolle ó goberno municipal que utilice parte dunha partida orzamentaria que nos obrigou a empregar noutros fins”, rematou Moure.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete