O Concello de O Porriño patrocinará o I Rally Mix durante as Festas do Cristo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esta modalidade de competición se desenrólase sobre terreno mixto e sin previo coñecemento do circuíto ata horas antes

 

 

O Concello de Porriño e a Federación Galega de Automobilismo trataron hoxe dos detalles da organización do "I Rally Mix Concello de Porriño" que terá lugar durante o fin de semana do 28 e 29 de setembro, é dicir durante o chamado "Recristo" e nas datas da Festa dos Callos. Tratase por tanto dun novo aliciente para a Semana Grande das festas patronais de Porriño.

A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra do Miño coa colaboración da Federación e co patrocinio do Concello. A proba terá dúas mangas: unha na tarde do sábado 28 e a segunda, na mañán do domingo 29 de setembro. 

Os detalles abordaron este mediodía nunha reunión de traballo celebrada no Concello de Porriño que presidiu a alcaldesa accidental, Lourdes Moure, xunto co Xefe da Policía Local, Daniel RodríguezM; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o responsable de marketing da mesma federación, Benigno Vázquez Colino; e representantes da Escudería Surco.

O traxecto das dúas mangas será ó longo do termo municipal. Tendo en conta que un Rally Mix é unha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto e que o percorrido da proba non se desvela ata horas antes para imposibilitar os adestramentos, haberá unha certa dose de misterio. Ademáis poden participar dende Kart Cross ata carrozados de todo tipo.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete