Rolda de visitas do Concello ás principais empresas asentadas en O Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O director de "Nueva Pescanova" demandou melloras de mantenemento, limpeza e accesos ao polígono de As Gándaras

 

 

A alcaldesa Eva García comezou cunha reunión nas instalacións de "Nueva Pescanova" no polígono de As Gándaras, unha rolda de visitas ás principais empresas radicadas en Porriño que vai desenrolar ó longo deste mandato.

No encontro co director da fábrica,  Santiago Gómara, tamén participaron o concelleiro de Limpeza, Parques e Xardíns, Sergio Casal; o xefe do gabinete da Alcaldía, Enrique Vaqueiro; e o xerente do polígono industrial de As Gándaras, David Sobral.

Santiago Gómara trasladou á alcaldesa unha serie de peticións vencelladas co mantenemento do polígono, a limpeza, o estado dos viais como espazos de aparcamento, así como outras demandas máis complexas.

Entre as demandas compréndese a posibilidade de ampliación da estrada de acceso ó polígono de As Gándaras, concretamente da curva  seguinte á rotonda próxima a ITV, onde os camións pasan moi xustos, inmediatamente antes da longa recta do polígono.

“Pescanova” é unha das empresas máis veteranas do polígono industrial de As Gándaras, establecida dende hai 34 anos. Na actualidade, na factoría porriñesa traballan 185 persoas.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete