A Oficina de Urbanismo de Paramos funciona con total normalidade

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Así o informou esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez

 

 

A Oficina de Urbanismo que está a xestionar os expedientes relacionados coa catástrofe de Paramos funciona con total normalidade. Ten concedido 12 licenzas de obras maior e 96 comunicacións previas. Así o informou esta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez.

Nesta oficina, situada no Centro Municipal de Formación en Guillarei, traballan arestora dous técnicos da Deputación, un xurídico, un arquitecto e un auxiliar administrativo. Un persoal que máis aló de informar á solicitude de licenzas de obra maior e as comunicacións previas tamén tramitan a totalidade de reclamacións de ICIO e do IBI aos afectados.

Enrique Cabaleiro, en comparecencia ante os medios de comunicación, quixo deixar claro que o traballo que se está a realizar nesta oficina está a ser excepcional e non hai ningún obstáculo. Do mesmo xeito sinalou que tanto el coma a concelleira de Urbanismo está a dispor dos afectados e dos seus representantes legais,  para recibilos e aclararlles calquera dúbida.  Tamén destacou o “excepcional labor dos técnicos que tiveron que lidiar con situacións complexas”. Ao tempo Enrique Cabaleiro agradeceu e puxo en valor a aportación das distintas administracións que estiveron ao lado dos afectados para paliar os efectos da traxedia.

Previamente á súa comparecencia ante os medios o alcalde, a concelleira de Urbanismo e técnicos municipais, mantiñan unha reunión cos voceiros do grupos políticos presentes na corporación municipal para informalos da “situación exacta e fidedigna” dos expedientes de Paramos.

Enrique Cabaleiro saíu así ao paso tanto da información aparecida nun medio de comunicación coma nunha nota de prensa enviada polo grupo municipal do Partido Popular sobre a tramitación urbanística.  Indicou que esas informacións xeraron unha importante alarma social, e moitos afectados pasaron pola Oficina en Guillarei amosando a súa preocupación.  Nese senso apuntou que “tanto este goberno, como o anterior, estamos facendo, e fixo, un esforzo importante para que este tema se solucione do xeito máis rápido”.

Aclarou tamén que a concesión de licenzas ten que outorgarse con todas as garantías legais, punto no que incidía tamén a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, apuntado que estas vivendas teñen que ter seguridade xurídica e unha garantía para toda a vida.

Na rolda de prensa deron datos concretos da tramitación de expedientes, que insistía reflicten que se está a traballar con normalidade . Así das 105 comunicacións previas presentadas hai 9 pendentes de resolver, das que a 5 lles faltan autorizacións sectoriais. Mentres das 24 solicitudes de licenzas de obra maior hai 12 concedidas, 6 pendentes de informar, 5 pendentes de presentar a documentación que se lle requiriu.  Tamén informou que se está a realizar unha modificación de erros na ordenanza municipal de axudas, que agardan levar a pleno para a súa aprobación no mes de setembro.

Tamén está en tramitación o Plan Deporemse para a reposición dos servizos na zona cero, no que se realizou unha modificación pendente de ser informada estes días. Solicitáronse xa dende o concello as autorizacións sectorais e o próximo paso será a licitación dos traballo. Confían, segundo o explicado pola concelleira de Urbanismo, que estas obras poidan estar completadas a finais de ano ou comezos do próximo.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete