Nidia Arévalo pide no Pleno a dimisión da Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Tameiga e do voceiro de GañaMos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Román González -GañaMos- acusou a Arévalo de montaxe na trama dos recibos da auga falsos e o seu número 8 e coordinador da Comunidade de Montes, Gonzalo Pérez, está a ser investigado pola orde de envío das 4.000 cartas

 

Hoxe celebrouse un Pleno Extraordinario no Pazo de Mos sobre a falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa ficticia Aquamos. Na devandita sesión plenaria esixíronse responsabilidades respecto da trama dos recibos falsos da auga aos investigados e presuntos implicados na mesma. Sesión plenaria á que non acudíu ningún membro dos tres partidos da oposición, PSOE, BNG e GañaMos. De xeito que os catro puntos da proposta do goberno foron aprobados por maioría:

“1º A ratificación por parte deste Pleno da denuncia sobre os presuntos delitos de falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa ficticia Aquamos.

2º A destitución de toda a actual Xunta Directiva da Comunidade de Montes de Tameiga porque:

  • Das vivendas do seu presidente, Antonio Cajide, parten os recibos falsos emitidos.
  • O seu coordinador, Gonzalo Pérez, ordeou o envío das 4.000 cartas a través da oficina de Correos de Puxeiros.
  • O empregado, Carlos Roca, levou as cartas a Correos por orden de Gonzalo Pérez.

3º A dimisión de Román González, voceiro de GañaMos porque:

  • Entendemos que GañaMos é o brazo político da Comunidade de Montes de Tameiga.
  • Levou na súa lista electoral, de nº 8, a Gonzalo Pérez, coordinador da Comunidade de Montes de Tameiga.
  • Acusou falsamente ao PP de Mos e a Nidia Arévalo de facer unha montaxe respecto desta trama.

4º Que PSOE e BNG condeen públicamente este presunto delito, xa que ata o de agora non se manifestaron ao respecto. Non sabemos se o apoianou o rexeitan”.

Ademais a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que o pasado 6 de xuño recibiuse no Concello notificación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de O Porriño na que se lle poñía en coñecemento á administración local que figura “como perxudicado por presuntos delitos de falsificación de documentos públicos e usurpación” (adxúntase oficio escaneado).

A rexedora local mosense considera que o caso dos recibos da auga falsos se trata dunha trama política contra a súa persoa iniciada fai un ano.Trama que incluíu a convocatoria de Asambleas na Comunidade de Montes de Tameiga e nas Comunidades de Augas, manifestacións, pancartas en vivendas (unha delas colocada nunha das casas das que partiron os recibos falsos), mentiras para xerar alarma social como que a auga de Pereiras estaba contaminada, e o colofón final previo ás eleccións municipais: os recibos falsos.

En innumerables ocasións GañaMos e a Plataforma Auga e Vida dixeron que o caso dos recibos falsos era unha montaxe e Román González, voceiro de GañaMos, no seu perfil persoal de Facebook escribiu literalmente que era unha “factura pantasma”, unha “montaxe” e pediu para este tema “máxima transparencia e que non quedara no baúl do esquecemento”.

 

Datos da investigación

Carlos R., empregado da Comunidade de Montes de Tameiga levou as 4.000 cartas a Correos e declarou que quen lle mandou facelo foi  Gonzalo P., coordinador da Comunidade de Montes de Tameiga e 8º na lista electoral de GañaMos; ademais de man dereita de Antonio C., presidente da Comunidade de Montes de Tameiga, de cuxas vivendas, casualmente, partiron os recibos falsos emitidos.

Apoio dos grupos da Corporación

Arévalo pediulle ademais neste Pleno a PSOE e BNG que se posicionen claramente neste asunto porque “ata o de agora ningún partido político da oposición condeou este delito nin se manifestou, non emitiron sinal de apoio algún ao Concello e ao goberno local, que dean explicacións de porque os apoiaron e se puxeron detrás da súa pancarta nas manifestacións, por que prestaron a súa imaxe, medios e apoio á Comunidade de Montes de Tameiga e aos seus membros amparándose na defensa do monte para atacarme. Gustaríame saber se eran coñecedores destes feitos… O único que sí teño totalmente claro é que todo isto utilizouse para intentar danar a miña imaxe e conseguir un rédito político que non era outro que a alcaldía de Mos”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete