O Concello do Porriño contará con 6 adicacións exclusivas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As retribucións dos membros do goberno serán as mesmas que tiñan en 2018 xa que no Pleno celebrado o pasado venres non se acadou acordo ao aumento que contempla o Real Decreto 24/2018

 

A Corporación Local de Porriño terá catro grupos políticos (PP, PSOE, BNG y EU Son) e un concelleiro polo grupo mixto que será Manuel Carrera. Conforme a lexislación vixente Carrera non pode constituirse en grupo político da UDDL por ter tan só un concelleiro.

Asimesmo determináronse os voceiros de cada grupo: polo PP, Manuel Alejandro Lorenzo; polo PSOE, Lourdes Moure; polo BNG, Pedro Pereira; por EU Son Porriño, Pedro Ocampo y Manuel Carrera polo grupo mixto.

A sesión tamén determinou por maioría (PSOE, BNG, EU Son e Carrera) a periodicidade dos plenos corporativos que serán mensuais, o último mércores, ás 18.00 h.

Na semana anterior e tamén en mércores, terán lugar as reunións das comisións municipais informativas. En ambos puntos, o PP abstívose porque entendía mellor celebrar plenos cada dous meses e do mesmo xeito coas comisóns.

Finalmente haberá 7 comisións informativas:

- Urbanismo, Medio Ambiente, Obras e Infraestructuras

- Economía, Fazenda e Persoal

- Contas

- Seguridade, Policía, Protección Civil e Mobilidade

- Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados

- Deportes, Cultura, Xuventude e Festas

- Servizos Sociais e Igualdade 

En cada comisión o PP terá 4 concelleiros; PSOE, 2; BNG, 1; EU Son, 1 e Grupo Mixto, 1.

O derradeiro punto da orde do día determinaba as adicacións e retribucións dos membros do goberno municipal. Haberá 6 adicacións exclusivas que corresponden á alcaldesa, Eva García, e aos concelleiros Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso, polo PSOE; e Pedro Pereira e Ana Belén Crespo, polo BNG, como resultado do pacto de goberno que está prácticamente negociado entre ámbalas dúas forzas políticas.

As retribucións dos membros do goberno municipal serán as mesmas contempladas no Orzamento Municipal en vigor sen o incremento que debería engadirse polo que determina o Real Decreto 24/2018.

Os votos dos 8 concelleiros do PP e os 2 de EU Son Porriño, derrotaron a proposta que votaban PSOE, BNG e Manuel Carrera.

Deste xeito e ata a elaboración dun novo Orzamento Municipal, as retribucións dos membros do goberno serán as mesmas que tiñan en 2018.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete