Cambio de xestión na Biblioteca de Salceda dende hoxe

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Un cambio de sistema con melloras coma un carné único co que os usuarios poden acceder aos servizos de todas as bibliotecas integradas na Rede

 

 

A Biblioteca Municipal de Salceda, integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, procederá a realizar o cambio de sistema de xestión dende este luns 15 de xullo. Con motivo deste cambio de sistema, o servizo de préstamos e devolución de libros permanecerá pechado a partires do venres 12 de xullo ás 15:00 h, polo que as persoas usuarias deberán agardar ao mércores 17 para acceder ao mesmo.

A sustitución do sistema Meiga polo novo KOHA vai facilitar a labor do persoal técnico das bibliotecas a través dunha xestión unificada e eficaz, ademáis de numerosas vantaxes para as persoas usuarias: acceso aos servizos de tódalas bibliotecas da rede, consulta do catálogo xeral da rede, servizos online sen necesidade de desprazamentos e préstamos de libro dixital. Así, o novo carné da biblioteca será un carné “universal” que permitirá o acceso átotalidade das bibliotecas integradas na rede.Ademáis, a biblioteca pasará a contar coa denominada “Política C”, que permitirá ás persoas usuarias realizar ata cinco préstamos simultáneos e facelo por un periodo de 21 días.

Deste xeito, Salceda únese aos Concellos que migran do sistema Meiga, usado ata o de agora, ao KOHA. Isto posibilitará a integración de todas as bibliotecas públicas de Galicia, coa creación dun catálogo único e a unificación do traballo do persoal técnico das bibliotecas. Outra das novidades que trae consigo a instalación deste novo sistema é a creación dun carné único para todas as usuari@s, podendo acceder aos servizos de todas as bibliotecas integradas na Rede. As socias e socios deberán pasar pola biblioteca municipal para obter o novo carné.

O concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez, agradeceu "a paciencia nestes días de cambios polas molestias que se poidan ocasionar, pero sen dúbida o resultado deste cambio vai supoñer grandes vantaxes para os soci@s da nosa biblioteca”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete