O Club Patinaxe Artística Gondomar recibe os traxes deportivos que levarán aos World Roller Games de Barcelona

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Lete Lasa anima a máis nenas e sobre todo, a máis nenos, a participar na patinaxe artística que a día de hoxe conta con 4.506 licenzas federativas en Galicia sendo o 67% pertencentes a mulleres

 

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu hoxe aos integrantes do Club Patinaxe Artística Gondomar para facerlle entrega do equipamento deportivo co que acudirán aos World Roller Games de Barcelona así como desexarlles a “mellor das sortes” no maior evento mundial que agrupa todos os campionatos do mundo de todas as disciplinas de roller sports. “Tras todo un ano traballando só queda lucir nesta importante cita a vosa calidade técnica e artística”, dixo.

Nas súas verbas, o mandatario galego destacou a traxectoria deste equipo que nos seus seis anos de historia -desde 2013- conseguiu importantes logros como ser campioas galegas durante cinco anos consecutivos na modalidade de show (desde 2015) ou ser vixentes subcampioas de España e de Europa. Esta é a terceira vez consecutiva que o CPA Gondomar acude ao Mundial tras rematar en sexta e en sétima posición en China e Francia, respectivamente. 

O secretario xeral apuntou que como o Hóckey Club Liceo fíxose un oco nun deporte reservado para os cataláns e conseguiu triunfar en Europa, o CPA Gondomar “foi o único club galego que subiu a un podio nacional e se clasificou para acudir a citas internacionais”. De feito, no ano 2017 foi o primeiro equipo non catalán que se subía a un podio nacional.

O secretario xeral aproveitou estes datos para animar a máis nenas e sobre todo, a máis nenos, a participar na patinaxe artística que a día de hoxe conta con 4.506 licenzas federativas en Galicia sendo o 67% pertencentes a mulleres. A Federación Galega de Patinaxe recibe da Secretaría Xeral para o Deporte a través do convenio un total de 55.375 €.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete