Tropa Verde quere premiar á veciñanza por reciclar

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Por facer entrega dun vello electrodoméstico nos locais asociados recíbese un cheque con estrelas que podense trocar por recompensas, en forma de premios e descontos en comercios e hostalaría local colaboradores

 

 

Esta mañá presentábase no Concello de O Porriño o proxecto TropaVerde no que estiveron presentes a alcaldesa, Eva García de la Torre; o concelleiro de Limpiezas, Sergio Casal; a directora Técnica de ADEN, Paula Paz; ou a responsable da TropaVerde Porriño, Marta Morán, entre outros.

Tropaverde é un proxecto tecnolóxico e innovador desenvolto por Teimas Desenvolvemento , que premia a concienciación ecolóxica da cidadanía. Os cidadáns inscritos na plataforma reciben puntos cada vez que fan accións responsables medioambientalmente, como depositar residuos nos lugares indicados, ou asistir a eventos de sustentabilidade. Estes puntos pódense trocar por distintos agasallos e premios que entregan os locais patrocinadores.

Co obxectivo de achegar Tropa verde o maior número de cidadáns, durante os meses de xullo e agosto realizarase un buzoneo en O Porriño. No cartaz informativo aparecerá a seguinte información:

“Leva os teus residuos aos puntos de recollida habilitados no Concello: Por cada acción que fagas, recibirás un cheque da Tropaverde cun código que deberás introducir na web (www.oporrino.tropaverde.org)

As estrelas que consigas podes trocalas por agasallos e descontos no comercio local de O Porriño. Os cidadáns que se rexistren  antes do 31 de xullo recibirán 30 estrelas de agasallo, polo que xa sabes comeza dende hoxe a túa aventura verde e goza dos agasallos e premios que che ofrece o comercio local de O Porriño".

Os establecementos de venda de electrodomésticos asociados a ADEN -Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos- do Concello do Porriño, súmanse como entidades colaboradoras, habilitándose 3 puntos novos onde se pode facer entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos unha vez que estes chegan ao final da súa vida útil.

Estes centros no exercicio 2018, xestionaron máis de 28 toneladas de Residuos (550 aparellos ao final da súa vida útil) e o obxectivo e incrementar a recollida destas fraccións a través desta colaboración.

O principio desta colaboración entre a plataforma “Tropa Verde” e O Porriño arrinca en maio do 2017. A empresa ‘Teimas Desenvolvemento’, en colaboración coa Concellería de Limpeza do Porriño, poñen en marcha o proxecto ‘Tropaverde’, cuxa finalidade é concienciar aos porriñeses sobre a importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos.

Sergio Casal, concelleiro de Limpeza do Concello do Porriño, manifestou o seu desexo de “poder establecer con Tropa Verde e a ascoaición ADEN máis accións de fomenta da reciclaxe que poderían extenderse ás parroquias do concello.”

Este ano tres establecementos de venda de electromésticos de Porriño súmanse como entidades colaboradoras habilitándose 3 puntos novos onde facer entrega de aparellos eléctricos en desuso. Son “Master Dani”, en rúa Progreso, 15; “ConnectaBugarín” no lugar de Abelenda, 2 -Pontellas-; e “Tien 21 Reverendo” en rúa Ramiráns, 13.

Cada vez que unha persoa acuda a unha destas tendas a entregar un vello electrodoméstico, recibe un cheque con estrelas que pode trocar por recompensas, en forma de premios e descontos en comercios e hostalaría local colaboradores. Neste intre xa son cincoenta establecementos comerciais e de hostalaría que se vencellaron á iniciativa.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete