Salceda acolle esta fin de semana a V Feira Medieval

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Uns 30 postos de artesáns están na Praza do Concello dende este venres e ata o domingo

 

 

Salceda volve ó medievo esta fin de semana -venres, sábado e domingo- para celebrar o V Mercado Medieval da vila, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais (ACISA).

Máis de 30 postos forman este mercado, con feirantes chegados de todo o Estado aos que se lles suman outros de Salceda, ofrecendo así un mercado variado que para acoller aos numerosos visitantes que se achegarán a esta cita, que nas últimas edición leva recibido a centos de persoas.

O mercado completarase con diversos actos que se desenrolarán ao longo dos tres días na Praza do Concello como no Parque Raíña Aragonta: xogos populares, pompeiras, tragalumes, etc. No acto de apertura da Feira estiveron presentes a Tenente Alcalde e concelleira de Comercio, Verónica Tourón; os concelleiros Alex Rodríguez, Rubén González, de Cultura e Festexos e de Deportes, respectivamente; xunto con Laura Rodríguez e Xurxo Gregorio en representación de ACISA.

A Feira Medieval abre o Verán Cultural que se prolongará ata o vindeiro 22 de xullo, festivo local en Salceda, no que se porá fin ás Festas do Cristo. Ata entón están programadas máis de 30 actividades para tódolos públicos, que de novo encherán as rúas e as prazas de Salceda de xente de tódalas idades.

Aproveitando a Feira celebrouse tamén o sorteo de premios do Bocaselas, que repartiu 230 € en sete cheques entre as persoas participantes nesta ruta que se celebrou durante o mes de maio. Dende o equipo de gobernó de Salceda definiron a iniciativa como un luxo, agradecendo que as asociación de Salceda, neste caso o comercio, leven a cabo actividades destas características e con esta trascendencia.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete