Todo preparado no Pazo de Mos para o I Festival Daquelas que Cantan

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Todos os concertos deste evento musical que clausura as Festas da Rosa 2019 son gratuítos

 

 

A partir de mañá Malvela e Uxía poranlle o broche final ás Festas da Rosa 2019 co I Festival Daquelas que Cantan. A Voz das Mulleres no Camiño Portugués, que se celebrará mañá venres 21 e o sábado 22 de xuño no Pazo de Mos.

Contará con concertos de Malvela en homenaxe á Señora Carmen, Uxía, Celina da Piedade (Portugal), Kátya Teixeira (Brasil), Zaragateiras, Arume, Ergutío… entre outros. O festival contará tamén con obradoiros de canto tradicional, a colaboración de Tiago Pereira e Dorinda Castro, unha andaina de recollida de herbas de San Xoán, foliadas e moitas outras actividades.

Esta iniciativa está organizada por Malvela e Uxía xunto con Damadriña Producións co apoio do Concello de Mos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Deleite e Adoa. Sobre a mesma a cantante mosense Uxía declarou que “a idea era facer unha homenaxe ás mulleres como depositarias da memoria colectiva a través do canto. Revalorizar a súa dignidade como artistas, o seu dereito a subirse a un esceario e demostrar o seu bo facer”. “As mulleres galegas e mosenses foron e son as verdadeiras transmisoras, de xeración en xeración, do canto popular tradicional; e como representación destas mulleres mosenses teremos no festival a Malvela, Zaragateiras e Arume.Con Malvela como anfitrionas, xa que son un grupo feminino cunha gran traxectoria musical representando a Mos”, explica Uxía. 

Ademais haberá tamén representación feminina da lusofonía doutros lugares do mundo, tal e o caso da brasileira Kátya Teixeira e da portuguesa Celina da Piedade. Ambas, ademais de dar os seus respectivos concertos o venres e sábado ás 22.00 h, impartirán sendos obradoiros de canto. Pola súa banda as ourensanas Ergutío actuarán en concerto o sábado día 22, ás 22.00 h. Todos os concertos serán gratuítos e con acceso libre e de balde. 

Nos obradoiros, cun custe de inscrición de 25 euros por persoa, traballarase sobre o canto tradicional de transmisión oral e ese traballo poderá demostrarse a continuación sobre o esceario do festival.

Esta primeira edición Daquelas que Cantan contará coa colaboración e presenza de Dorinda Castro, que dará unha conferencia xunto con Uxía titulada ‘O canto popular feminino na literatura’ que se impartirá mañá venres ás 19.30 h. Tamén mañá a esa mesma hora Tiago Pereira exhibirá material do seu arquivo videográfico sobre mulleres que cantan no Camiño nunha activivade titulada ‘A música portuguesa a gostar dela propia’(é o responsable do proxecto).

Uxía definiu Daquelas que Cantan “máis que como un festival, como unha foliada, unha festa familiar, unha reunión moi aberta na que queremos que a xente aporte. Gustaríanos que fose o primeiro de moitos pasos e que esta iniciativa se prolongue no tempo, xa que é pioneira ao non existir en Galicia ningún festival tan específico coma este: de música feminina ao carón do Camiño Portugués”. Ademais Uxía destacou que “para min como mosense é un aliciente poder celebrar este festival na miña casa, tratándose ademais o de Mos dun Concello moi musical e contar con esa gran Escola de Música en Torroso que nos gustaría se puidese incorporar ao cartel e á organización en vindeiras edicións”.

“Nesta ocasión eliximos o Pazo de Mos como entorno para celebrar o festival ao tratarse dun espazo moi familiar e cómodo no que persoas de todas as idades, tamén a xente maior, poderán gozar e aprender como se interpreta a música noutros lugares como Brasil e Portugal”, comenta Uxía, quen tamén destacou a figura da Señora Carme, compoñente de Malvela falecida, que grabou un disco en solitario, e á que as Malvelalle rendirán un sentido e emotivo homenaxe neste festival. E concluiu apuntando que “tamén queremos que Daquelas que Cantan sexa unha volta ao espazo natural, para elo organizamos a andaina para a recollida das Herbas de San Xoán o sábado ás 10.00 h coa que pretendemos recuperar as tradicións e a sabedoría popular e natural”.

 

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete