A Deputación de Pontevedra presenta o filme "María Solinha"

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

“Este filme vai marcar a historia do cine en Galicia porque falará dunha muller ocultada, silenciada e perseguida por querer ser libre”

O novo filme do director Ignacio Vilar gravarase en Redondela, Cangas e a Illa de Toralla entre o 19 de agosto e o 20 de setembro 

“Con esta iniciativa promóvese que a xente da provincia que se adique ao cine non só teña a posibilidade de facelo, senón que tamén poida facelo aquí”

 

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou esta mañá a nova película de Ignacio Vilar, “María Solinha”, que se gravará integramente na provincia. No acto estivo acompañada do deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, do director do filme, Ignacio Vilar, da actriz protagonista, Grial Montes, dos actores Santi Prego e Antón Durán “Morris”, así como representantes da produtora Vía Láctea Filmes e outros participantes no proxecto. Ao comezo da presentación, Carmela Silva asegurou que “apoiar proxectos coma este non só é un investimento, senón tamén unha inmersión na cultura da nosa provincia”.

“Esta película vai marcar a historia do cine en Galicia”, comezou a presidenta. “Vai falar de María Soliña, nin máis nin menos. Unha desas mulleres ocultadas, silenciadas. Un bo exemplo do que nós temos padecido ao longo da historia. A persecución por querer ser libres, dirixir e tomar decisións sobre o noso patrimonio, por ser sabias, por querer ocupar o espazo que nos corresponde”, explicou Silva. “Paréceme que recuperar esa figura, facelo a través do cine, que é a fábrica dos soños, é unha idea marabillosa que vai dar moito que falar”, continuou.

Silva tamén quixo recordar que “a Deputación de Pontevedra participa neste proxecto porque apoia a nosa lingua e apoia o cine en galego. Ademais, a nivel económico xera moitísimo emprego e atrae turistas”. A presidenta aproveitou para salientar que “co apoio a estas iniciativas promovemos que a xente da provincia que se dedica ao cine teña a posibilidade de facelo e facelo aquí. É unha forma de espallar todo ese talento que temos”. A ese respecto, Silva dedicoulle unhas palabras ao director Ignacio Vilar, dicindo que “é un pracer e un orgullo que haxa xente coma el e coma todo este equipo que o acompaña”.

Ademais, o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, tamén quixo agradecer a Vilar “o seu compromiso coa lingua galega nos seus filmes, no que é un mestre en Galicia”. “Isto fai que o seu cine, feito en galego, estea presente en moitos festivais por todo o mundo. Así, Vilar leva a lingua ao cine, que é unha inmersión lingüística perfecta”.

O director, que non quixo avanzar moitos detalles sobre o argumento da película, avanzou que, no filme, “a María Solinha do século XVI e a do século XXI foron atacadas polo mesmo dragón”. Con dita afirmación, Vilar explicou que o filme recorreá lenda sobre a que se celebra a Festa da Coca, que conta como un dragón que secuestraba mulleres para violalas foi finalmente derrotado polos mariñeiros da contorna. Tamén quixo informar de que a rodaxe comezará o 19 de agosto e está previsto que remate o 20 de setembro. Así mesmo, avanzou que enclaves de Cangas, Redondela e da Illa de Toralla serán os escenarios que se poderán ver na película.

Vilar tamén aproveitou para presentar á actriz protagonista e aos actores principais. Grial Montes, que representará a Soliña, quixo agradecer a oportunidade de poder interpretar “a unha muller que permaneceu oculta e da que non se coñece a súa historia”, ao tempo que fixo un chamamento para dignificar a arte dramática. O seu marido, Pedro Barba, será interpretado por Santi Prego, que tamén quixo enxalzar a capacidade de inmersión cultural coa que conta este filme. “Morris”, que fará do inquisidor xeral, mostrouse “encantado de presentar a película en Pontevedra porque Galicia non só ten posibilidades, senón que conta con lugares incribles”. Por outra banda, a produtora de Vía Láctea Films, Eva Rivas, tamén quixo agradecer  a acollida que a Deputación “deu a este proxecto posto que, a partir de aí, saltamos a buscar o resto do financiamento”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete