Preto de 350 deportistas participarán este domingo no VI Campionato Ibérico de Kung Fu

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Haberá probas de Kung Fu tradicional e moderno que disputarán os deportistas achegados dende distintos puntos de España e Portugal

 

 

Preto de 350 deportistas, a partir dos 8 anos, van a participar no VI Campionato Ibérico de Kung Fu moderno e tradicional da Eurocidade, que terá lugar no novo Pavillón Municipal de Tui este domingo a partir das 10.30h. Os participantes proveñen de Valencia, Castela e León, Castela a Mancha, Andalucía, Madrid, Asturias e todo o territorio galego, ademáis de varios clubs de Portugal.

A presentación tivo lugar esta mañá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Tui, Rafael Estévez, o director do campionato, Eduardo Méndez, o director do departamento de Kung Fu moderno, Aarón Blanco, o vicepresidente da Federación Galega de Kung Fu, José Luis Rodríguez e o campión do mundo de Kung Fu, Julio Conde.  

A competición estará baseada en aspectos técnicos, estéticos e educativos, a nivel individual e por equipos. Cada equipo terá que facer tres probas, unha de combinación de movementos libres, un de defensa persoal e un Tao (Patrón de Movementos). Na modalidade de Kung Fu Moderno, haberá coreografías de movementos marciais con e sen aparatos, baseadas en rutinas de 1.20 minutos de duración e que se avalían por contidos técnicos e de dificultade.

A Federación galega de Kung Fu ademáis adheriuse á campaña pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, polo que contan cun sistema de competición onde mulleres e homes compiten en igualdade de condicións e  posibilidade de equipos mixtos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu tanto á Federación Galega de Kung Fu como o club Di Som Tui, organizadores deste campionato, o traballo realizado, e destacou tamén o valor do carácter transfronteirizo e de igualdade deste campionato.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete