Atios  celebra esta fin de semana a súa XXX Festa do Monte

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A comunidade de Montes e Veciños teñen preparadas varias actividades que abranguen o sábado e o domingo

 

 

A directiva da CMVMC de Atios, como vén sendo tradicional, no segundo domingo do mes de xuño e xunto cos veciños de Atios, celebran unha xuntanza popular coa que  festexan a riqueza do seu monte comunal.

A área recreativa da Veiguiña é o escenario de diversos actos incluidos no programa desta romaría que, nesta edición, fai xa 30 anos. Haberá un posto de pulpeiro, inchable e xogos populares para os cativos, actuación do grupo folclórico dos Penediños de Atios e o tradicional petisco ofrecido pola xunta directiva de montes;  todo amenizado pola charanga Imperiais.

Ademais, organizan a terceira andaina pola ruta dos muíños de Atios, que ten o punto de orixe na igrexa parroquial e percorre o fermoso sendeiro ao pé da canle de auga dos muíños. Non faltará tampouco a mostra de traballos manuais, de pintura e redacción, realizados polos alumnos do CEIP de Atios, que curso tras curso participan no certame que dende hai moitos anos organiza a comunidade en colaboración co colexio.

É tradición tamén que a comisión encargada de organizar a Festa patronal de San Bieito, que este ano lle toca ao barrio de Alvarín, monte o seu posto no torreiro. Nesta ocasión preparan un rastrexo por diversas paraxes do monte que se inicia na tarde do sábado e rematará o domingo pola mañá na propia área recreativa. Un xeito divertido e integrado na natureza de desfrutar do noso monte. Estará permitida a acampada, en espazos acotados e con aforo limitado, previa reserva no teléfono 606 96 81 34. Se o tempo o permite podénse usar os asadeiros distribuídos pola área recreativa.

Coa festa, a comunidade de montes pon fin a un ano de traballo na defensa e coidado do monte comunal, fonte de riqueza económica, ecolóxica e social para toda parroquia de Atios. No ánimo da directiva está seguir loitando, moitas veces contra enimigos inesperados como é o Concello, para reclamar todo o patrimonio que consideramos veciñal, como por exemplo os terreos das canteiras, "agardamos que o novo goberno que se constitúa no Porriño sexa máis respetuoso coas lexítimas demandas dos comuneiros e veciños de Atios".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete