Convenio entre a Deputación de Pontevedra e a UNED para impulsar 6 cursos de verán

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A igualdade, a cultura, o desenvolvemento sostible, a prensa e o camiño, son os protagonistas dos cursos da UNED entre xuño e xullo en Pontevedra, A Lama, Portas e Vigo

 

 

O deputado delegado de Cooperación, Carlos López Font, asinou esta mañá coa directora do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, María Troncoso, o convenio de colaboración mediante o cal vanse impulsar ata seis cursos de verán na provincia de Pontevedra. En liñas xerais os cursos, que terán lugar no centro asociado da UNED en Pontevedra, no Centro Penitenciario da Lama, na aula da UNED en Vigo e na aula da UNED en Portas, terán como eixos temáticos entre outros a igualdade, a cultura, a Axenda 2030 de desenrolo sostible e a prensa.

Font expresou a satisfacción da Deputación pola firma do convenio. “É a mellor expresión da nosa colaboración coa Unede o noso compromiso por reforzar a educación”. Tamén puxo en valor “o esforzo da UNED nestes 30 anos e polos 23 anos que comprenos cursos de verán. Amais, temos que felicitalos polo tratamento de temas de actualidade que contribúen á formación complementaria do alumnado e porque os achegan a diferentes lugares da provincia”

A través deste convenio vanse impulsar pola provincia ata seis cursos de 20 horas de duración que se poden seguir de forma presencial, semipresencial ou online a través de streaming e están dotados dun crédito de libre configuración. Todos eles están dirixidos por profesorado da Sede Central da UNED contando, ademais, con poñentes de recoñecido prestixio nas súas áreas.

O primeiro dos cursos celebrarase entre o 26 e o 28 de xuño no Centro Penitenciario da Lama e centrarase en “Das sufraxistas ao MeToo: unha loita continua pola igualdade”. O curso está dirixido por María Esther Souto Galván, vicerreitora da UNED, e presentará unha aproximación aos movementos de loita pola igualdade desde a etapa das sufraxistas ata a actualidade. Amais de Souto Galván participarán no curso Yolanda Agudo, María Gómez Escadra,Consuelo del Val, Pilar Gomiz, Antonio Viedma, Carmen Freire e Mercedes Fernández.

Os tres seguintes terán lugar, todos eles, entre o 3 e o 5 de xullo no centro asociado da UNED en Pontevedra. Neste caso, os cursos serán sobre “A imaxe medieval no Camiño de Santiago, forma, función e claves de interpretación”, “Luces sobre ValleInclán” e “Violencia sexual nas sociedades actuais: unha reflexión necesaria”.

“A imaxe medieval no Camiño de Santiago, forma, función e claves de interpretación” está dirixido por Inés Monteira e afondará na arte gótica e románica a partir de exemplos situados nos Camiños Francés e Portugués cara Santiago. Participarán como poñentes, amais de Monteira,  Miguel Larrañaga, Marta Cendón, María Dolores Barral, David Chao, Juan Antonio Olañeta, MilagrosGuardia e Isabel Ruiz.

O curso “Violencia sexual nas sociedades actuais: unha reflexión necesaria” está dirixido por Josefina Méndez e analizará a espiral de agresións sexuais contra as mulleres e a escravitude sexual. Contará como poñentes con Ascensión Cambrón, YolandaTrigueros, María Jesús Fuente, Raquel Osborne, Josefina Méndez, Rosa Cobo e Amparo Serrando.

O último dos cursos en Pontevedra“Luces sobre ValleInclán” está dirixido por Javier Varela e afondará en aspectos inéditos da vida e obra de ValleInclán. Conta con poñentes como Darío Villanueva, Francisco Fuster, Manuel Aznar, Andrés de Blas, Margarita Santos, Javier María del ValleIncláne Javier Serrano.

Pola súa banda, Vigo acollerá “A axenda 2030 e o reto de desenrolo sostible” na aula UNED da cidade. Este curso, que terá lugar entre o 10 e 12 de xullo ofrecerá unha visión da Axenda 2030 dende ámbitos diversos como a universidade, o medio ambiente ou institucións públicas que dedican parte dos seus esforzos a acadar os ODS. O curso contará con poñentes como Víctor Manuel González, Antonio Sánchez, María Esther Souto, Amelia Pérez, Javier Benayas, SabineKurtenback, José Herrero, Juan Francisco Montalbán e José Bayón.

O último será do 17 e 19 de xullo na aula da UNED en Portas sobre “Prensa e sociedade”, baixo a dirección de José Almaraz. Participarán tamén Luis Villamor, José Ángel Maquieira, Miguel Ángel Rodríguez, Juan Jesús González, Vicente González, Irene Lourido e Susana Regueira.

Todos os cursos teñen xa a matrícula aberta con prezos que abranguen entre os 108 euros da matrícula ordinaria ata os 32 euros con descontos por familia numerosa especial.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete