A Comunidade de Montes de Atios aclara: a estación meteorolóxica de Atios foi negociada por nós

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

"É ridículo que o concelleiro Marcelino Coto pretenda obter rédito político dunha xestión que realizou directamente o presidente do órgano veciñal"

 

 

Ante as informacións aparecidas na prensa no día de onte, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios quere facer algunhas precisións.

A comezos do ano 2017 persoas vinculadas á MeteoGalicia puxéronse en contacto co presidente da comunidade de montes para trasladarlle o interese da empresa en instalar unha estación meteorolóxica na zona. Dixeron que o Val da Louriña presentaba unhas características climáticas singulares, pero carecía dun centro de recollidad de datos propio. Despois de estudar distintas posibilidades concluíron que a parroquia de Atios, situada no centro xeográfico do val e a unha altitude acaída, reunía as condicións idóneas para a instalación da estación. En ningún momento se nos manifestou que o concello do Porriño mediara nesa xestión, nin moito menos que fora o daquela concelleiro de Medio Ambiente Marcelino Coto quen propuxese esa ubicación.

Uns meses despois do primeiro contacto e logo de concretar a ubicación exacta, a comunidade de Montes de Atios aprobou na asemblea xeral ordinaria celebrada o 11 de novembro de 2017 a cesión en precario a Meteogalicia dun terreo na área do Carballo para a instalación da estación meteorolóxica. Transcorridos case dous anos – un retraso imputable a Meteogalicia debido, segundo manifestaron, a problemas no suministro dos equipos de medición procedentes de Alemaña-, a estación entrou en funcionamento o pasado día 26 de abril de 2019. Así se informou aos comuneiros de Atios na asemblea xeral celebrada o día seguinte, 27 de abril.

https://www.meteogalicia.gal/observacion/estacions/estacions.action?request_locale=gl#

Para a xunta reitora trátase dunha xestión administrativa sen máis trascendencia, que serve para poñer a disposición dos veciños unha ferramenta de control meteorolóxico que efectivamente pode ser útil á hora de xustificar ante unha compañía de seguros, con datos moi póximos,  as circunstancias meteorolóxicas concretas dun día determinado en caso de reclamación de danos por xeadas, sarabia, vento, chuvia, calor intensa, etc. Pretender obter un rédito político disto por parte do concelleiro Marcelino Coto, ademais de faltar a verdade xa que a súa intervención foi mínima, é na nosa opinión, ridículo e está fóra de lugar.

Mellor faría o señor Coto en preocuparse de atender as demandas dos veciños e comuneiros de Atios, que reiteradamente lle realizaron durante a súa etapa á fronte da concellería de Urbanismo e  Medio Ambiente, tanto no goberno de Nelson Santos coma no de Eva García de la Torre. Demandas relativas á ocupación ilegal de terreos municipais por parte de particulares, no barrio do Covelo, por exemplo. Ou demandas relativas ao desleixo urbanístico na construción de muros e peches que estreitan os camiños veciñais; ou demandas para que se faga un control de vertidos nas canteiras, etc., etc.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete