O Abrente Folk homenaxeará ao mestre gaiteiro mosense José Martínez

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O músico mosense de 83 anos recibíu a boa nova esta mañá no Concello

 

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta do Círculo Cultural Abrente, María Romero Lago, -acompañadas pola concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, e o músico Xaime Estévez Vila- comunicáronlle esta mañá no salón de Sesións da Casa Consistorial mosense ao Mestre Gaiteiro José Martínez García, que o Concello xunto coa directiva do Círculo Cultural Abrente, decidiron organizarlle un acto homenaxe.

A devandita homenaxe pretende conmemorar a traxectoria de Martínez, de 83 anos de idade, que foi un dos pioneiros Mestres Gaiteiros do municipio e o primeiro profesor de gaita de varias agrupacións culturais mosenses, tales coma Anduriñas de Dornelas, A Cividade de Louredo, C.R.C de Torroso, Santa Eulalia de Mos, C.C. Herville, As Pedriñas (no Campo da Feira) e C.C. Abrente, entre outras. Ademais dalgunhas tamén fóra de Mos.

José Martínez exerceu durante un total de 35 anos de mestre de gaita, dende os 35 ata os 70 anos.

A rexedora local e a presidenta do Abrente destacaron sobre José que “é para nós un gran orgullo contar en Mos cun veciño coa súa vagaxe musical, a pesares de ser autodidacta, e co seu bo facer tanto como gaiteiro como docente de nenos e adultos, que o lembran con grandes afecto e admiración. Mostra da súa valía é o cariño incondicional que lle profesan referíndose sempre a el como o señor José, o gaiteiro”.

Nacido na parroquia de Mos, pasou a maior parte da súa vida en Dornelas, onde segue a vivir na actualidade. Alí é un vecño querido e admirado pola súa calidade humana, cercanía e humildade.

Por todos estes motivos será o primeiro homenaxeado dentro do Festival “ABRENTE FOLK” que terá lugar o vindeiro 2 de xuño ás 18.30 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, coa colaboración do Concello de Mos.

Arévalo e Romero concluíron “esperando que a José lle faga tanta ilusión este acto homenaxe como aos membros do Abrente e desta Corporación Municipal”.

Xaime Estévez Vila, como músico recoñecido que é, estivo hoxe acompañando ao C.C. Abrente e apoiando a súa decisión de homenaxear a José Martínez no ABRENTE FOLK.

Estévez Vila ten unha ampla traxectoria no eido da música tradicional galega, así como na educación e a difusión dela.

Xaime Estévez iniciouse na música nos anos 70 e, dende os primeiros anos, a súa carreira como músico, docente e investigador foi meteórica: con só 18 anos foi o segundo mestre de gaita de conservatorio da historia de Galicia. Máis tarde nos 90 fundou o seu propio conservatorio en Vigo, publicou numerosos estudos e no 2006 doutorouse ca seguuinte tese: “As gravacións da música galega dende 1975 ata o 2000”.

É Mestre Gaiteiro e escritor de libros tales como: As Gravacións da Música Galega, A Gaita no Eido da Música, Reveriano Soutullo Otero, Son do Folk ou Músicos con Clase, entre outros... ademais el foi o homenaxeado na I Edición dos Premios Mestre Machiño dentro do Festival Intercéltico "O Son do Pazo".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete