Antón Sío gaña o III Torneo Escolar de Xadrez Concello do Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esta proba que cada ano se celebra nun centro escolar porriñés contou con 120 participantes

 


Antón Sío Lago, do CEIP “Antonio Palacios” foi o gañador do “III Torneo Escolar de Xadrez Concello de Porriño” que recibiu de máns da alcaldesa, Eva García de la Torre.

Finalmente foron 122 os rapaces e rapazas de dez centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 6 e 16 anos, os que participaron na competición celebrada hoxe.

Este ano correspondeulle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e “Fernández López” (2017).

Alicia Rodríguez (“Santo Tomás”) foi a segunda clasificada e o seu compañeiro de “cole” Diego Vázquez quedou terceiro. Noa Teixeira Alvarez e Javier R. Rocha, ambos do CEIP Antonio Palacios, completaron as cinco primeiras prazas.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete