Porriño súmase á moda dos "food truks"

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Este venres 3 de maio arrinca na praza Antonio Palacios "O Porriño Street Food"

 

 

A vindeira fin de semana, O Porriño acolle un festival que concentrará nun mesmo espazo unha seleccionada oferta gastronómica, música en directo e un mercado con expositores de Porriño e bisbarra.

Deste xeito Porriño incorporase a unha tendencia cada vez máis extendida que damanda estas novas fórmulas que reúnen comercio non convencional, ocio e gastronomía en espazos abertos. “Ademáis a capacidade de convocatoria deste tipo de eventos e a boa previsión meteorolóxica para o vindeiro fin de semana, fan prever unha altísima presenza de público da área metropolitana e polo tanto un importante retorno económico para Porriño”, valorou a alcaldesa Eva García.

“O Porriño Street Food” desenrolaráse na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 21.00 h da noite do vindeiro venres 3 de maio. Seis camions con cociñas sobre rodas ou “food trucks”, segundo a denonimación inglesa, instalaránse na praza. Os participantes serán os pontevedreses “Mean Dogs e “Crepes & Roll”; “Faiscas”, “Matafame” e “Gale-Truck” (todos eles de Ourense) e “Rock & Dog” (de León). A organización, a cargo da OMIX de Porriño e a empresa de eventos “Galicia Street Food” instalarán carpas, mesas e cadeiras para o público asistente.

Os “food trucks” “ofrecerán propostas gastronómicas suculentas e orixinais que comprenderán hamburguesas premium, bocadillos gourmet, tapas orixinais, cociña vegana, crepes e gofres artesás e cervexas de autor”, dixo Crisóbal Cudeiro, responsable da empresa organizadora, “ a elección de Porriño para este evento -no que será a primeira vez que se celebre- responde ás características de esta cidade e á excelente colaboración por parte do Concello" declarou Cudeiro.

A oferta gastronómica manteráse ata o domingo 5 co “Porriño Street Food”, que estará complementado por un mercado con 10 comerciantes da cidade e por actuacións musicais diarias, que contribuirán á animación.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete