Este luns Tui acolle a charla “R.C.Celta de Vigo… 95 anos de AFOUTEZA”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Será ás 17.00 h no Teatro Municipal con Manuel Rodríguez, Vladimir Gudelj, Borja Oubiña e Brais Méndez 

 

 

O R.C. Celta de Vigo cumpre este ano o seu 95º aniversario. Por  este motivo durante as Festas de San Telmo vaise celebrar unha charla-coloquio en Tui. Será este luns, 29 de abril ás 17.00 h. no Teatro da Área Panorámica co título  “R.C. Celta de Vigo… 95 anos a AFOUTEZA”. Nela farase un repaso por distintos momentos da historia celeste a través de futbolistas que marcaron ou van marcar unha época.

Estarán presentes no acto:

Manuel Rodríguez – Manolo “O gran Capitán”, futbolista con máis partidos vestindo a camiseta celeste, en 532 ocasións,  dende 1967  ata 1982.

Vladimir Gudelj – o futbolista estranxeiro máis importante do R.C. Celta. Chegado na década dos 90, converteuse rapidamente na referencia goleadora do equipo. É o xogador que máis veces foi máximo goleador do equipo, 6,  sendo nestes intres o 2ª máximo goleador histórico en tódalas categorías tras Hermidita con 94 tantos. A súa adaptación ó Celta e a Vigo foi tan grande que segue ligado o club coma Delegado do primeiro equipo.

Borja Oubiña – O maior talento ata a aparición de Iago Aspas, que deu a canteira Celeste. Da súa man, o Celta viviu a súa época máis gloriosa sendo subcampión de liga na tempada e xogando a liga de Campión por única vez. A súa calidade levouno a selección española onde debutaría o 2 de Setembro de 2006.

Tras un dos descensos do equipo, ficha polo Birminhgan City. No seu primeiro partido sufre unha grave lesión que o ten practicamente parado 3 anos. Volve para liderar o equipo, pero os seus continuos problemas físicos fan que se retire prematuramente con tan só 32anos

Brais Méndez, o xove centrocampista, é o presente e sobre todo o futuro do Celta. Ós seus 22 anos é un dos fixos no once celeste dende o seu debut no 2017. A súa calidade fixo que o seleccionador nacional Luís Enrique o chámase para un partido internacional. Debutou o 18 de Novembro nas Palmas de Gran Canaria antes Bosnia Herzegovina, anotando amais o único tanto do encontro.

A charla será moderada por Justi Peixoto, exlocutor do programa “Escoita Deporte” da Radio Municipal de Tui. A entrada é libre é gratuíta ata completar capacidade.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete