Benteler imparte na Axencia de Colocación de Mos cursos con compromiso de contratación

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A empresa, con instalacións no Polígono da Veigadaña, comprométese á inserción laboral do 40% do alumnado

 

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, visitaron o venres ao alumnado do curso para Benteler que celebraba a súa última xornada na Axencia de Colocación de Mos.

Para a realización da presente acción formativa asinouse un convenio de colaboración entre a empresa e a administración local.

A inserción laboral das persoas traballadoras desempregadas e a súa adecuada formación é o obxectivo do convenio de colaboración entre o Concello de Mos e a empresa Benteler Automotive Vigo, S. L.U. Coa finalidade de colaborar en materia de formación para o emprego, ambas as partes comprométense a destinar os recursos necesarios para difundir e fomentar a mellora da empleabilidad, a mellora de competencias profesionais no ámbito da industria 4.0., e a creación de postos de traballo.

O Concello de Mos, a través das políticas activas de emprego que desenvolve, facilita ao tecido empresarial do municipio e municipios limítrofes, e ás persoas traballadoras desempregadas do municipio, a posibilidade de intermediación entre os mesmos en actuacións de formación para o emprego, prácticas pre-profesionais e preselección de perfís adecuados ás necesidades das empresas.

Así mesmo, a Administración Local fomenta a promoción económica e o desenvolvemento empresarial no municipio, e é por isto que, dende o 23 de febreiro de 2018, a entidade está adherida á iniciativa “Concellos Doing Bussiness Galicia- Concello Emprendedor”, o que significa a vontade manifesta do apoio ao tecido empresarial do concello.

Dende o Concello de Mos, foméntase o desenvolvemento de accións formativas para o emprego con compromiso de contratación nas empresas. E de acordo a estas políticas activas de emprego, desenvólvese este convenio que estipula a posta en marcha de 3 accións formativas con compromiso de contratación durante o ano 2019, nas que participarán 15 alumn@s por cada curso.

O obxecto das accións formativas é a capacitación e cualificación profesional do alumnado que participe nas mesmas, cubrindo a necesidade de capital humano cualificado da empresa Benteler Automotive Vigo, S. L.U., polo que este Convenio ten un condicionado referente á inserción laboral das persoas que participen na formación.

O total de horas de formación ascende a 218 con temario de estampación transfer, solgadura MIG-MAG, láser, loxística, lean e temario práctico de soldadura, prensa e láser, etc.

Finalizada a formación obxecto do presente convenio, a empresa Benteler Automotive Vigo, S. L.U. comprométese á contratación laboral do 40% do alumnado que finalizase con éxito a formación, é dicir, que aprobase todos e cada un dos módulos formativos que a compoñen. A contratación efectuarase mediante a realización dun contrato de traballo por un período mínimo de cinco meses.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete