O Centro Cultural As Pedriñas acolle este sábado o Dub Yard Festival

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Dende as 21:30 ata as 04:00 h a Sala Rebullón acolle a segunda edición deste festival que reúne principalmente a artistas que participan no selo musical e compañeiros do movemento reggae galego

 

 

O vindeiro sábado 27 de abril, terá lugar na entidade cultural a segunda edición Dub Yard Festival que contará con convidados especiais coma o artista francés Manu Bypass aka Anti Bypass, realizando un espectáculo "Live Dub"; e os compañeiros vigueses Transilvanians. Estes últimos achéganse nesta edición, despois de grabar no estudo The Dub Yard o seu último LP xunto co artista internacional Roy Ellis.

Como cada ano, o colectivo Elephants Yard fai a súa aparición en escea, e nesta ocasión presentando catro mini-concertos denominados "Showcase" con ritmos orixinais do seu selo The Dub Yard Records, interpretados por diversas formacións de músicos que participan no selo e liderados ó micro por Paula Herrero aka High Paw, Sutta aka Victor Laligator del Sutta, Chou aka Andrés Seoane e Mr. Mou aka Ricardo Mouriño.

A noite comeza cunha selección de vinilos a cargo de La Madriguera Roots & Dub que nos deleitará co mellor Roots para ir quencendo o ambiente.

En resumo, Dub Yard Festival pretende motivar a escena reggae e a música en directo a través desta presentación, nun espazo acondicionado para o desfrute sónico da música como é a maravillosa Sala Rebullón, e contando cun espazo de acampamento, todo emprazado nun entorno idílico no alto da ría de Vigo, Mos.

Pónse á disposición dos asistentes unha zona cuberta e outra zona verde para acampar. Este espazo encóntrase no interior da finca do Centro Cultural As Pedriñas e é de uso único para os asistentes ó evento.

O programa de actuacións divídese do seguinte xeito:

21:30 - 23:00 La Madriguera Roots & Dub ( Vinyl Selection )
23:00 - 00:15 Transilvanians
00:30 - 02:15 Elephants Yard ( Four Showcase )
02:30 - 04:00 Manu Bypass aka Anti Bypass ( Live Dub )

Entradas:

- Anticipada: 12€ ( Ata 26 Abril )
- Taquilla: 16€ ( 27 Abril )
- Entradas físicas anticipadas á venda no Centro Cultural As Pedriñas (Mos), Honky Tonk e Elepé (Vigo), Tabertenda (Salceda de Caselas)
- Entradas online en https://www.eventbrite.es/e/entradas-the-dub-yard-festival-43653219956#tickets
(gastos de xestión non incluidos)

Autobúses:

- L15B e L15C
Sábado: saídas cada hora dende Samil pasando polo centro de Vigo dirección Xestoso ( Parada en Estrada das Prantas con Av. do Rebullón

- L12B
Domingo: saídas cada hora dende as 10:05 dende o Hospital Meixoeiro dirección Vigo ( Parada na Av. da Ponte a 15 minutos do CC As Pedriñas )

 

Taxi: Prezo medio da viaxe 12-15€

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete