Filmes dende o guión no encontro A que andas? do Festival de Cans

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A sección A que andas? trae este ano proxectos en desenvolvemento de cineastas como Andrés Goteira, Álvaro Gago, Chelo Loureiro, Fernando Cortizo, Víctor Duplá e Diana Toucedo


 


Un dos encontros máis agardados polo público e de máis éxito do Festival de Cans é A que andas?, onde as persoas asistentes poden coñecer por vez primeira e dende o guión os proxectos de algunhas das figuras máis destacadas do noso audiovisual. Esta actividade, que nace en colaboración coa Asociación Sindical Galega de Guionistas, terá lugar o venres 24 de maio ás 13h00 no Baixo de Moncho.

A selección de cineastas que participa en A que andas? destaca polo seu vínculo con Cans e pola cantidade de premios que acumulan en conxunto. Por exemplo, teremos connosco ao meirense Andrés Goteira falando de La pequeña desviación, que afonda na historia dun dos personaxes de Dhogs, a súa opera prima, que coñecimos en Cans e que gañou trece Mestre Mateo.

Outro dos directores galegos máis premiados é Álvaro Gago, que con Matria foi finalista dos Goya, premiado en Sundance e bateu un récord en Cans ao levar catro premios na pasada edición. Desta volta daranos máis datos e falaranos do agardadísimo guión da súa primeira longametraxe Algo parecido á felicidade.

Tamén é un vello coñecido do festival Fernando Cortizo, que gañou o premio á Mellor Curta de Animación en 2007. Despois de gañar seis Mestre Mateo e estar nominada nos Goya ou Sitges con O apóstolo, Cortizo acode a este encontro para falarnos de Shkid, unha longametraxe na que mesturará a ficción coa animación.

Tamén estará connosco outra das referencias da animación galega: Chelo Loureiro, homenaxeada co noso Premio Pedigree pola súa labor producindo a cineastas como Alberto Vázquez (Psiconautas), dará conta do seu salto á dirección e explicaranos máis da historia que hai detrás de Valentina.

 Por último, o tándem formado polo actor Víctor Duplá e Diana Toucedo, directora de Trinta Lumes, tratará o proceso de adaptación á gran pantalla da obra teatral A leituga, un filme que estará producido por Frida Films.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete