O Festival de Cans consolida a súa sección FuraCans nesta 16º edicición

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

FuraCans traerá as estreas absolutas de Devalar, de Mar García; En la boca de la mina, de Brandán Cerviño; Palmira, de Rebeca Lar; e In touch with the infinite, de Alejandra Pombo

Seis das nove pezas están dirixidas por mulleres, seguindo a filosofía do Festival de Cans de visibilizar as realizadoras nas seccións a concurso

As entradas para as proxeccións desta sección están dispoñibles  dende hoxe na tenda.festivaldecans.com a un prezo de 6 €

 

 

O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque de FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego, atoparemos obras actuais e arriscadas que exploran diferentes variantes do documental e do cinema experimental e que van á procura dunha mirada propia e persoal.
 
Nas nove curtas seleccionadas, que se proxectarán o sábado 25 de maio, emerxe o traballo dunha interesantísima xeración de realizadoras e realizadores nacidos, sobre todo, na década do 90. Así, atopamos propostas documentais como Hora silenciosa de Noelia Muíño, onde esta cineasta de O Pino que está a formarse na Universidade de Nova York nos introduce na vida das monxas de clausura do Convento de San Paio de Antealtares; ou En la boca de la mina do monfortino Brandán Cerviño, que terá a súa estrea mundial en Cans e que está gravada na antiga cidade mineira de El Cobre en Cuba, país onde se formou e desenvolve a súa obra.

Por outra banda, atopamos curtametraxes que se constrúen desde exploracións autobiográficas e o traballo cos recordos, como o videodiario 16-11-2016 / 13-5-2017 de Marta Valverde (que xoga coa pantalla partida para despregar apuntes diversos da súa vida), Devalar de Mar García (onde a cineasta retrata a súa aldea dende a visión da infancia), ou Cando mamá pechou as caixas de Arancha Brandón (que trata as dificultades ás que a nai da directora se enfronta cando decide pechar o negocio familiar).

A experimentación nas formas de narrar e a súa confluencia coas Belas Artes están presentes en Palmira de Rebeca Lar e In touch with the infinite de Alejandra Pombo. Se na primeira nos atopamos coa reconstrución da historia dunha antepasada curandeira da realizadora, a curta de Alejandra Pombo proponnos unha viaxe performativa cara os adentros da natureza. Ambas obras, que se poderán ver por primeira vez en Cans, están marcadas pola formación artística das súas autoras, a primeira centrada na auto-ficción e a segunda na auto-representación. Completan FuraCans as dúas pezas máis experimentais no visual e no sonoro, Cómo desaparecer, do vigués afincando en Barcelona Carlos Martínez-Peñalver, e Caerán lóstregos do ceo, de Adrián Canoura, unha curta que se sitúa entre a natureza e a mística, e que vén de gañar dous premios en FILMADRID e ser escollido pola prestixiosa crítica Nicole Brenez como un dos mellores filmes do 2018.

FuraCans está chamada a converterse nunha das grandes apostas desta XVI edición do Festival, un interese que se percibiu no aumento de curtametraxes recibidas –arredor de medio centenar de obras- das que só 9 entran a competición. As entradas para FuraCans están dispoñibles dende hoxe, martes 23 de abril, na tenda.festivaldecans.com a un prezo de 6 euros. Estas entradas darán acceso as proxeccións das curtas de non-ficción, que terán lugar o sábado 25 de maio, podendo elixir entre a sesión matinal ou sesión de tarde. O aforo é reducido, poñeranse 180 entradas para o pase de mañá e 90 para o de tarde, polo que se recomenda adquirilas axiña.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete