Día do Libro solidario en Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Presentouse o libro Memi da Fundación IgualArte, cuxos beneficios pola venda de exemplares van destinados á Asociación Bicos de Papel

 

 

Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro, este martes 23 de abril, onte a Biblioteca Municipal de Mos ubicada na Porteliña (Petelos), acolleu a presentación do libro Memi da Fundación IgualArte.

Memi é un proxecto educativo sen fins lucrativos. Os beneficios deste proxecto educativo reinvírtense sempre no mundo dos nenos, xa que as ideas iniciais saen deles mesmos tamén. Este ano decidiuse que os beneficios sexan doados á Asociación Bicos de Papel, que traballa con nenos oncolóxicos desde o momento da súa detección.

Durante o acto de presentación celebrado onte estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Cultura, Turismo, Igualdade e Política Social, Sara Cebreiro; o edil mosense de Educación, Camilo Augusto; e representantes da Fundación IgualArte; así coma  nen@s de 3 anos de idade da Escola Infantil a Galiña Azul da Porteliña, acompañados de educadores, pais e avós.

Os cativos puideron participar dun obradoiro baseado no libro Memi, impartido polo persoal da Fundación IgualArte. O libro está dispoñible dende hoxe -Día Internacional do Libro- nas librerías mosenses Arte Ciencia e Raquel.

Pola súa banda, o Concello adquiriu 60 exemplares de Memi para distribuír entre os 5 colexios, as 3 escolas infantís e a Biblioteca Municipal; e así facer chegar a súa mensaxe positiva, inclusiva, creativa e motivadora a tódolos pequenos de Mos.

En 2018, tras unhachoiva de ideas de varios nenos de diferentes colexios, e coas ideas que os cativos achegaron, varios expertos plasmáronas en papel e de ahí sairon os nove contos de Memi, que integran o libro que hoxe se presentou en Mos.

Os debuxos están feitos por rapaces con capacidades diferentes da Fundación IgualArete, e na plataforma web pódense escoitar na voz de actores e profesionais do cine como Alejo Saura, Nadia De Santiago, Javier Gutiérrez ou Alex de la Iglesia, entre outros; así os nenos poden ver que o que eles fan chegalonxe. Tan lonxe como que un famoso llepoña voz ássúas ideas. DestexeitoMemi é unha ponte entre a realidade e os soños.

A web para poder escoitar os contos de Memi é www.memigotadeaire.es Ademais a páxina web tamén serve de soporte onde @s nen@s poden achegar as súas ideas e volcar toda a súa creatividade, xogar cos xogos que xa conta a web e cos que outros nenos acheguen, por iso conta tamén cun laboratorio creativo, para entre todos construír o mundo de Memi. Para que o mundo de Memi vaia crecendo e poder seguir gozando del.

Xa son varios os colexios que colaboraron con Memi ao longo do curso e deixaron que as súas ideas fluíran no laboratorio creativo.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete