A II Ruta Bocaselas prevé vender máis de 10.000 bocadillos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Nos tres fins de semana que abranguen dende o 26 de abril e o 11 de maio poderá degustarse por un prezo de 1,50 € a unidade

 

 

O Concello de Salceda de Caselas xunto con 14 locais hostaleiros do municipio veñen de presentar a II edición do Bocaselas, a ruta de bocadillos do municipio, que se celebrará os venres e os sábados entre o 26 de abril e o 11 de maio (ambos incluídos). Establécense dúas rutas diferenciadas: unha para os venres e outra para os sábados, con sete establecementos participantes en cada un dos días.

A iniciativa busca a consolidación tralo éxito da primeira edición celebrada o pasado ano, na que se venderon máis de 12.000 bocadillos. Os bocadillos terán un prezo de 1,50 €, podendo acollerse en tódolos locais á oferta “bocatín + caña a 2,50 €”.

Concello e sector hostaleiro van da man nesta nova edición convencidos de que o público de Salceda e arredores volverá dar unha resposta positiva, e tamén por iso se prevén premios para as persoas que degusten os bocatas en varios establecementos, e que entrarán no sorteo de vales de compra para consumir nos locais participantes.

A concelleira de Comercio e Turismo, Loli Castiñeira, presentou o evento como unha importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hostaleiros. “Pensamos en seguir organizando este tipo de eventos que apoien ao comercio local, neste caso á hostalería.

O Concello plantexou a iniciativa e estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtida dende o primeiro momento”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete