A Policía Local do Porriño impartirá un curso de defensa personal femenina

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Está dirixido a mulleres de calqueira idade do municipio e inclúe tamén a protección xurídica

 


O Concello de O Porriño xa está a recoller inscripcións para o curso de defensa persoal feminina e de protección xurídica, prantexado para mulleres de calquera idade, que se impartirá durante catro sábados do mes de maio, a partir do día 4.

As interesadas poden realizar a súa inscripción directamente no Concello, tamén no Pavillón Municipal de Deportes, no Ximnasio Jovhen Sport ou ben por e-mail no enderezo electrónico administracióEsta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

As prazas son ilimitadas. De tal xeito que inicialmente estáse a prever que as clases de defensa persoal impartiránse no ximnasio “Jovhen Sport” pero se a afluencia de mulleres é maior, pasarían ó Pavillón Municipal.

A instrucción sobre técnicas e chaves para defensa persoal ás mulleres serán desenroladas por axentes da Policía Local e profesores especializados. E a información sobre protección xurídica será impartida polo maxistrado Juan José Trashorras, titular do Xulgado Penal número 1 de Pontevedra. No seu caso o maxistrado explicará ás mulleres participantes as diferencias entre lexítima defensa, o medo insuperable e o uso proporcional da forza.

A idea deste curso parte da Xefatura da Policía Local de Porriño e financiase con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, tramitados a través da Secretaría de Estado de Igualdade.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete